Foi membro de varias bandas influentes e é moi demandado como músico invitado. En 1994 gañou o premio da BBC á Tradición Nova, e en 2001 o de Instrumentista do ano nos premios de folclore da BBC Radio 2.
McGoldrick foi membro fundador dunha banda de rockcelta, Toss the Feathers cando aínda estaba na escola. Tamén participou en Fleadhanna, con Dezi Donnelly e John Kelly. Fixo aparicións en varios festivais locais e nacionais e desenvolveu talleres de frauta/frauta irlandesa no Festival Folclórico de Cambridge e para Folworks na súa xira de concertos "Flutopía".
McGoldrick formou a banda Fluke! (máis tarde renomeada Flook) con Brian Finnegan e Sarah Allen en novembro de 1995. Tras unha xira abandonouna para perseguir outros proxectos. Foi un dos primeiros membros de Lúnasa e tocou nos seus dous primeiros álbums.
Gravou tres álbums en solitario: Morning Rory, Fused e Wired, nos que experimentou con outros xéneros musicais. O seu álbum At First Light con John McSherry (tamén ex-Lúnasa) retróuxoo ás súas raíces musicais.