Amelia Pérez Álvarez, máis coñecida como Meli Pérez, nada en Moaña en 1970, é unha sindicalista galega, secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia.
Traxectoria
Diplomada en turismo, traballou na cadea Zara[1], na tenda que Inditex ten no centro comercial Camelias de Vigo. Alí converteuse en delegada sindical en 1999, xa como sindicalista de Comisións Obreiras[1][2]. En 2012 foi elixida na secretaria comarcal de Comisións Obreiras en Vigo, a primeira muller e a primeira que non era unha traballadora vinculada aos sectores do metal[1] (automóbiles e estaleiros). Revalidou o seu cargo en 2017, pero en 2021 renunciou a seguir e substituíuna Montserrat Carrera[3].
Foi elixida o 21 de maio[4] de 2021 secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia, en substitución de Ramón Sarmiento, tamén da comarca viguesa, pero empregado do estaleiro Barreras[1]. A elección produciuse no XII Congreso da entidade, celebrado en Santiago de Compostela. Nesa cita electoral impúxose co 64,24 % dos votos,[4] e foi a única candidatura.
Vida persoal
Vive en Moaña. Ten un fillo nado en 2013 que se chama Brais. [5].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas