Medalla Elias Brenner
|
Outorgada pola Sociedade Numismática Sueca
|
Tipo
|
Ao mérito numismático.
|
Graos
|
Único.
|
Elixibilidade
|
Numismáticos suecos e estranxeiros.
|
Outorgada por
|
Promoción do coñecemento da numismática sueca.
|
Estado
|
Suecia
|
Descrición
|
Medalla de prata.
|
Estadísticas
|
Establecida
|
1976
|
Primeira outorgada
|
1976 (Vera Ekström)
|
Última outorgada
|
Concesión anual vixente.
|
Premiados
|
Ver listaxe no artigo.
|
A medalla Elias Brenner é un recoñecemento ao mérito numismático outorgado pola Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen –SNF–).[1]
Concesión
Trátase dunha medalla de prata que a xunta directiva da Sociedade concede anualmente, desde 1976, a un ou varios cidadáns suecos ou estranxeiros distinguidos pola promoción do coñecemento da numismática en Suecia.[1]
De concorreren razóns extraordinarias, a medalla pode entregarse bañada en ouro (Vera Ekström, 1977; Torgny Lingren, 1981).[1]
Caracterización
A medalla de prata foi creada en 1976 polo medallista franco-sueco Léo Holmgren. O seu anverso reproduce o retrato do numismático sueco Elias Brenner (1647-1717) realizado polo gravador Adolf Lindberg (1839-1916), coa lenda dividida en tres seccións: ELIAS BRENNER na súa parte superior: NAT[us]. MDCXLVII OB[iit]. MDCCXVII ás beiras, e NUMMOS SUECICOS PRIMUS COLLEGIT & EXPLICAVIT no exergo.[1]
No seu reverso amósase o emblema da Sociedade Numismática Sueca e, tres coroas unidas nun anel, rodeado pola lenda SOCIETAS NUMISMATICA SUECICA CONDITA ANNO MDCCCLXXIII, e no medio PRO / MERITIS.[1]
Galardoados
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas