McFly é un grupo inglés de pop rock/pop punk formado en Londres no 2003. Está formado por Tom Fletcher (voz, ukelele, guitarra e piano), Danny Jones (voz, harmónica e guitarra), Dougie Poynter (baixo e voz) e Harry Judd (batería). Asinaron con Island Records dende o 2004 até decembro de 2007, antes de crear o seu propio selo discográfico, Super Records.[1]
McFly acadou a fama despois de que o grupo Busted os axudara a darse a coñecer convidándoos na súa xira de 2004. No 2005, gañaron o Brit Award ó mellor grupo pop británico.[2] O seu primeiro álbum, Room on the 3rd Floor acadou o número 1 nas listas de álbums do Reino Unido e foi certificado co dobre platino;[3] converténdose na banda máis nova en ter un álbum de debut no número 1, superando a The Beatles.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas