Matt Molloy, nado o 12 de xaneiro de 1947 é un músico irlandés, procedente dunha rexión coñecida por producir frautistas talentosos. Cando era un rapaz, comezou a tocar a frauta e gañou o Campionato de frauta de Irlanda aos dezanove anos. Considerado un dos músicos irlandeses máis brillantes, o seu estilo que adapta as técnicas de gaita á frauta influíu en moitos frautistas irlandeses contemporáneos.[1][2]