Mateo Torres Bestard, nado en Palma de Mallorca en 1891 e finado na mesma cidade en 1969, foi un militar e político español.
Traxectoria
Ingresou na Academia de Infantaría en 1907. Ascendeu a capitán en 1917 e participou na campaña de Marrocos. Regresou a Mallorca en 1927 e obtivo a graduación de comandante en 1930. Foi axudante do xeneral Francisco Franco cando foi comandante militar das Baleares (1933). Presidiu a Xunta Divisionaria que preparou en Mallorca a sublevación do 18 de xullo de 1936 e foi nomenado xefe do Centro de Mobilitzación. Cando se iniciou a Guerra Civil foi xefe provincial de milicias e gobernador civil das Baleares (outubro de 1936 a maio de 1937). Logo foi trasladado a Sevilla. En maio de 1937 foi nomeado primeiro delegado nacional de organizacións xuvenís en Salamanca. O 14 de setembro dese ano foi nomeado gobernador civil de Pontevedra[1]. Permaneceu no cargo até marzo de 1939. Coa graduación de coronel, foi xuíz eventual das Baleares (1943-1953).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas