Maria Amelia López Soliño, coñecida como Maria Amelia, nada o 23 de decembro de 1911 en Muxía e finada o 19 de maio de 2009, foi unha blogueira galega.
Traxectoria
Viviu en Muxía, Corcubión e A Coruña, nesta última cidade durante case setenta anos.
En decembro de 2006, polo seu 95 aniversario, un neto regaloulle un blog que a levaría á fama. Durante un tempo estivo considerado a blogueira máis vella de España, e a partir de xullo de 2008, a blogueira máis vella do mundo, se ben este non é un récord constrastado.
En 2007 conseguiu un premio BOB[1] ao mellor blog escrito en castelán. No blog, titulado A mis 95, combinaba texto, vídeo e gravacións, fundamentalmente de opinións persoais. Simpatizante do PSdeG, participou en campañas electorais e foi recibida por José Luis Rodríguez Zapatero, o presidente do goberno de España.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas