O seu pai, Juan da Figueira Torrado, nacera en Isorna e descendía dos Torrados do pazo de Asados; o seu bisavó fora Fernán Mariño, señor da casa e do pazo de Vimieiro en Boiro. A súa nai, unha Somoza, naceu en Leiro.
Foi Colexial de Fonseca, onde desfrutou dunha bolsa de teólogo. En 1627 opositou e gañou cátedra. Desde entón desempeñou a “Regencia de Medianos”. En 1645 obtén a bolsa en teoloxía e, en 1651, foi elixido reitor do Colexio de Fonseca (despois de exercer de abade en Urdilde entre 1622 e 1630 e San Miguel de Boullón), un ano antes da súa morte.