Martín José Iriarte Urdániz, nado en Urritza (concello de Imotz, Navarra) o 8 de outubro de 1799 e finado en Gayangos (Merindad de Montija, Burgos) o 8 de xullo de 1872,[1] foi un militar e político español.
Traxectoria
En 1817 embarcou para América combatendo no Perú ata 1825. Brigadier, home de confianza de Espartero. Foi vicerrei de Navarra (1837). Foi nomeado Comandante militar de Ourense en novembro de 1839. Destinado na Coruña, participou na rebelión progresista de 1840 e foi nomeado pola Xunta Central Capitán Xeneral de Galicia o 14 de setembro de 1840, en substitución de Laureano Sanz. Foi substituído polo xeneral Santos San Miguel o 4 de novembro. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Coruña nas eleccións de febreiro de 1841. Nomeado senador pola provincia da Coruña o 29 de marzo de 1841, renunciou o 30 de abril. Membro da Xunta de Salvación, Armamento e Defensa de Madrid en 1854 (do 19 de xullo ao 1 de agosto). Ascendido a Tenente Xeneral en agosto de 1854, foi nomeado Capitán Xeneral das Vascongadas. Volveu ser elixido deputado a Cortes por Cuenca en 1854. Volveu ser nomeado Capitán Xeneral de Galicia o 29 de setembro de 1885, pero cesou o 18 de outubro dese mesmo ano. En decembro foi nomeado inspector do Corpo de Carabineros da Facenda Pública, do que finalmente foi Director xeral en 1859. Foi nomeado senador vitalicio en 1858.
Notas
- ↑ La Correspondencia de España, 9-7-1872, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Biografía del Excmo. Sr. Martín José Iriarte Teniente General y Senador del Reino". Escenas Contemporáneas (1): 279–289. 1863.
- El Teniente general don Martín José Iriarte / Chamorro Baquerizo, Pedro en Estado Mayor General del Ejército Español : Sección de Tenientes Generales / redactada baixo a dirección de Pedro Chamorro y Baquerizo H. 469-476. [185-?]
- Prado Gómez, Antonio (1988-1989). Deputación Provincial de Lugo, ed. "La rebelión progresista de 1840 en Lugo". Boletín do Museo Provincial de Lugo (4): 57–76. Consultado o 18 de novembro de 2012.
- Martín José de Iriarte y Urdániz na Real Academia da Historia.
Ligazóns externas