Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985,[1] é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas[2]. Interpretou a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e o seu papel no filme Os xirasoles cegos valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.
Traxectoria
Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel secundario, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasoles cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.
Vida persoal
Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.[4]
Mantivo unha relación coa actriz Irene Escolar[5].
En 2017 comezou unha relación con Kayoko Everhart, modelo e bailarina de orixe afroxaponesa da Compañía Nacional de Danza coa que tivo unha filla. [6]
Desde 2020 mantén unha relación coa modelo francesa Lily Fofana, é filla do exfutbolista marfileño Youssouf Falikou Fofana e a ex do YouTuber Sneako co que rompeu en 2020.
Martiño decidiu castelanizar o seu nome por Martín porque non o entendían en Madrid.[2]
Filmografía
Curtametraxes
Obras de teatro
Premios e nomeamentos
- Premios Goya
Ano
|
Categoría
|
Filme
|
Resultado
|
2008
|
Mellor actor revelación
|
Os xirasoles cegos
|
Nomeado
|
- Festival de cine e telivisión Islantilla
Ano
|
Categoría
|
Filme
|
Resultado
|
2009
|
Camaleón de honra (premio revelación)
|
El internado
|
Gañador
|
- Premios Vieira de Prata
Ano
|
Categoría
|
Filme
|
Resultado
|
2008
|
Mellor actor revelación
|
El internado
|
Gañador
|
- Premios EP3
Ano
|
Categoría
|
Filme
|
Resultado
|
2008
|
Mellor actor revelación
|
Os xirasoles cegos
|
Gañador
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas