Martha and the Vandellas

OrixeDetroit, Míchigan, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1957-1972
Xénero(s)R&B, soul, pop
Artistas relacionadosMarvin Gaye
The Funk Brothers
Na rede
Spotify: 1Pe5hlKMCTULjosqZ6KanP iTunes: 13431501 Last fm: Martha+and+The+Vandellas Musicbrainz: 9d1bc10a-24fe-4b41-8338-ea92d8101a09 Songkick: 68902 Discogs: 292376 Allmusic: mn0001199135 Deezer: 81078 Editar o valor en Wikidata

Martha and the Vandellas foi un girl group formado pola Motown nos anos 60. Martha Reeves, Annette Beard, Gloria Williamson e Rosalind Ashford fundaron un grupo chamado The Del-Phis en 1960, posteriormente lanzando un disco con pouco éxito co nome The Vels. Reeves, entón secretaria na Motown, foi chamada en para gravar despois de que Mary Welss non aparecese para a sesión do estudio. "I'll Have to Let Him Go" converteuse no primeiro sinxelo de Martha and the Vandellas.

O seu seguinte sinxelo, "Come and Get These Memories", foi un grande éxito, ao que seguiu "(Love Is Like a) Heat Wave" e "Quicksand". "Dancing in the Street" (1964) converteuse entón no maior éxito do grupo. Despois de cambios na formación, as Vandellas deixaron a Motown e acabaron por se separar en 1972.

Martha Reeves continuou a traballar como artista en solitario, mais nin ela nin ningunha das outras integrantes conseguiu acadar o éxito que tiveron nos seus días de gloria. Na década de 1990, Reeves volveu cantar de novo coas Vandellas, con dous grupos de forma alternada: un formado polas integrantes orixinais (Ashford e Beard) e outro polas súas irmás Lois e Delphine.

Discografía

  • Come and Get These Memories (1963)
  • Heat Wave (1963)
  • Martha & the Vandellas Greatest Hits (1964)
  • Dance Party (1964)
  • Watchout! (1966)
  • Martha & the Vandellas Live! (1967)
  • Ridin' High (1967)
  • Sugar 'n' Spice (1969)
  • Natural Resources (1970)
  • Black Magic (1972)

Véxase tamén

Ligazóns externas