Marta Jandová é unha cantante e actriz checa, máis coñecida por ser a cantante da banda de metal alternativo Die Happy. Ela representou á República Checa no Festival de Eurovisión 2015 con Václav Noid Bárta coa canción "Hope Never Dies".[1]
En 2005, Jandová actuou coa banda finlandesa Apocalyptica e representou a Baden-Württemberg no Festival de Bundevisión 2005 coa canción "Wie weit", quedando 5ª con 77 puntos.[2][3] Jandová volveu no Festival de Bundevisión 2007 con Neue Deutsche Härte da banda Oomph! representando á Baixa Saxonia coa canción "Träumst Du?", gañando o certame con 147 puntos.[2][4] A canción conseguiu entrar no TOP 10 da lista da German Media Control.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos