Marta Bobo

Modelo:BiografíaMarta Bobo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngimnasta rítmica Editar o valor en Wikidata
Deporteximnasia rítmica Editar o valor en Wikidata
Participou en
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata

BUSC: bobo-arce-marta-1966 Olympic.org: marta-bobo-arce Editar o valor en Wikidata

Marta Bobo Arce nada en Ourense o 18 de marzo de 1966 é unha ex ximnasta galega, dúas veces campioa de España no concurso xeral (1981 e 1983).

Debutou con 15 anos nos campionatos mundiais de Múnic en 1981, pero o seu maior logro deportivo foi o noveno posto acadado nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984. Tratábase da primeira edición en que a ximnasia rítmica era deporte olímpico.

Foi discípula de Ivanka Tchakarova e Emilia Boneva e unha vez retirada da ximnasia profesional traballou no Canadá como monitora. Posteriormente regresou a Galicia para exercer coma profesora de expresión corporal e didáctica da danza do INEF. Tamén é xuíza internacional nas competicións de ximnasia rítmica.

Traxectoria

Inicios

Marta Bobo comezou na ximnasia rítmica con oito anos de idade no Club 2000 ourensán, co que gañou varios campionatos e onde foi adestrada por Aurora Martínez. Nese club formáronse outras moitas ximnastas con proxección internacional.

Etapa na selección española

Bobo (de pé, terceira á esquerda) coa selección na final da Copa do Mundo de Belgrado (1983).
Bobo no Mundial de Estrasburgo (1983).

En 1978, a seleccionadora nacional Ivanka Tchakarova escoullena para entra na selección nacional de ximnasia rítmica de España, polo que se trasladou a Madrid. En 1979 foi campioa de España en 2.ª categoría por diante de Virginia Manzanera e Pino Díaz. Debutou coa selección aos quince anos no Campionato Mundial de Ximnasia Rítmica de 1981, celebrado en Múnic, na etapa como seleccionadora de Meglena Atanasova. Ese mesmo ano foi campioa de España por primeira vez na categoría de honor. En 1982, Emilia Boneva converteuse en seleccionadora española e pasou a ser a súa adestradora.[1][2] En 1983 volveu ser campioa de España na categoría de nonor na modalidade individual. Ese ano, na final da Copa do Mundo en Belgrado, foi 8.ª no concurso xeral, 8.ª en pelota e 6.ª en cinta. Igualmente, no Campionato Mundial de Estrasburgo foi 10.ª na xeral, conseguindo entrar nas finais de aro e pelota, en que obtivo os postos 8-º e 7.º respectivamente.

En xullo de 1984, un mes antes dos Xogos Olímpicos, apareceu na prensa unha nova que dicía que Bobo padecía anorexia nerviosa, aínda que non se mencionaban as fontes. Finalmente puido competir nos Ánxeles despois de que un médico, ao que a levaron os seus pais, acreditase que en realidade non tiña esa enfermidade. En declaracións posteriores,[3] Bobo dixo que a noticia da súa doenza era falsa e atribuíu a súa orixe á Real Federación Española de Ximnasia, que segundo ela quería substituíla por outra ximnasta.[4] Finalmente, ela e Marta Cantón foron as representantes españolas nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, primeiros xogos onde houbo competición de ximnasia rítmica. A pesar de que chegou a ir en primeira posición ao finalizar o primeiro día, varios fallos no exercicio de cinta, atribuídos por Bobo e pola prensa española á forte presenza de aire acondicionado, fixeron que descendese finalmente á 9.ª praza.[5]

En 1985 non puido competir no Campionato Mundial de Valladolid. O motivo desa ausencia foi, segundo fontes da federación, unha lesión, aínda que Bobo negou que existise. Coincidindo cun mes de vacacións despois do Mundial, decidiu viaxar ao Canadá tras ser convidada para que realizase varias exhibicións nese país. Alí reencontrouse coa adestradora Ivanka Tchakarova.[6] Tras un mes alí volveu a España, mais varios técnicos da Federación e Emilia Boneva, mostraron a súa negativa a que continuase no equipo nacional, motivo polo que regresou ao Canadá para proseguir coa súa carreira deportiva.

Etapa no Canadá e retirada

No Canadá continuou a practicar ximnasia rítmica, chegando a competir co campionato nacional canadense. Alí estudou a licenciatura en Educación Física e Saúde en Toronto e formouse como xuíza e adestradora, chegando a preparar ximnastas do equipo nacional canadense. Volveu a España brevemente en 1986, con vinte anos, para competir como independente ni Campionato de España Individual, que se celebraba en Ourense.[5]

Regreso a Galicia

En 1991 regresou a Galicia tralo ofrecemento para dirixir o futuro Centro de Alto Rendemento. O proxecto foi finalmente cancelado, mais en 1992 comezou a dar clases na Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña, polo que decidiur volver establecerse en Galicia. Tamén adestrou o Club Acordes Narón.[7][8] Nunha entrevista a El País Semanal en 1993, Bobo falaba así sobre a súa retirada da ximnasia:

Despois de darlles os mellores anos da túa vida, ninguén da Federación se lembra de ti. Cando o deixas, o mundo esborróase e ninguén te axuda. Ti es a túa única amiga, mestra e directora.[9]

Bobo é profesora de expresión corporal e didáctica da danza na Universidade da Coruña e tamén exerce como xuíza internacional. En 2017 apareceu como unha das ximnastas ilustradas no libro Pinceladas de rítmica de Montse e Manel Martín.[10]

Palmarés

1981

  • Campionato do Mundo de Múnic
12.º posto no concurso xeral
7.º posto en mazas

1982

  • Campionato de Europa de Stavanger
20.º posto no concurso xeral
8.º posto en cuerda

1983

  • Copa do Mundo de Belgrado
8.º posto no concurso xeral
8.º posto en pelota
6.º posto en cinta
  • Campionato do Mundo de Estrasburgo
10.º posto no concurso xeral
8.º posto en aro
7.º posto en pelota

1984

8.º posto en preliminares
9.º posto na final
  • Campionato de Europa de Viena
12.º posto no concurso xeral
6.º posto en pelota

Recoñecementos

Notas

  1. "La gimnasia rítmica española puede lograr por primera vez una medalla en el Mundial 1/2". abc.es (en castelán). 7 de novembro de 1983. Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 
  2. abc.es, ed. (7 de novembro de 1983). "La gimnasia rítmica española puede lograr por primera vez una medalla en el Mundial 2/2" (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 
  3. Por exemplo nunha entrevista a El País en 2011.
  4. Pérez Oliva, Milagros (15 de maio de 2011). "Un nuevo desafío: el derecho al olvido". elpais.com. Consultado o 16 de maio de 2011. 
  5. 5,0 5,1 lavozdegalicia.es, ed. (11 de abril de 2011). "«No gané una medalla olímpica por el aire acondicionado»". Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  6. rtve.es, ed. (23 de xaneiro de 2012). "Entrevista en R5 - Marta Bobo: una vida dedicada al deporte". Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  7. paulafb.tripod.com. "Marta Bobo Arce". Consultado o 28 de decembro de 2010. 
  8. "Marta Bobo: ‘Siento que perdí una oportunidad histórica, se escapó la medalla’". laregion.es. 30 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2010. 
  9. "Las chicas de oro". slideshare.net. outubro 1993. Consultado o 28 de setembro de 2014. 
  10. Martín López, Montse (2017). Pinceladas de rítmica : un homenaje a la gimnasia rítmica a través de 50 de las mejores gimnastas de todos los tiempos. Madrid: Libros.com. ISBN 978-84-17023-48-5. OCLC 1000080997. 
  11. gimnasio2000.com (ed.). "Gimnasio 2000. Cuarenta años de historia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2015. 
  12. csd.gob.es (ed.). "Histórico de premiados" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  13. "La baloncestista María Araújo y la exgimnasta Marta Bobo, grandes triunfadoras en la VI Gala del Deporte Femenino". Faro de Vigo (en castelán). 2018-06-22. Consultado o 2021-02-20. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas