Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla

Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla
Primeiro titularAndrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor
ConcesiónCarlos II
8 de marzo de 1683
Actual titularJuan Armada y Díez de Rivera
Pazo de Ortigueira ou de Santa Cruz de Ribadulla,
residencia dos marqueses do mesmo nome,
na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla,
concello de Vedra, A Coruña.

O Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla (ou Rivadulla) é un título nobiliario instituído polo rei Carlos II, outorgado o 8 de marzo de 1683 ao nobre galego Andrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor[1].

Os seus titulares foron:

  1. Andrés Ibáñez de Mondragón
  2. Juan Ignacio de Armada y Mondragón
  3. Ignacio Antonio Armada y Salgado
  4. Juan Ignacio Armada y Mondragón
  5. Juan Ignacio Armada Mondragón y Caamaño
  6. Juan Antonio Armada Mondragón y Guerra
  7. Iván de Armada y Fernández de Córdoba
  8. Luís Gonzaga Armada y de los Ríos Enríquez
  9. Alfonso Armada Comyn
  10. Juan Armada y Díez de Rivera, actual marqués.[2]

Historia

A mediados do século XV vivía no lugar de Ortigueira, da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, un nobre apelidado Abraldes, que tomou partido pola infanta Xoana de Castela, alcumada a Beltranexa, na guerra que esta mantivo contra a súa parente Isabel pola Coroa de Castela, como tantos señores galegos. Non daba creto aos dixomedíxomes e, segundo se conta, persignándose, sentenciou:

"La hija de la reina, lo es del rey y a ella le pertenece la Corona de Castilla".

Os Reis Católicos, ao sabelo, mandaron derrubar a vella torre, o que era sinal de afronta para o que nela vivía. Abraldes abandonou súa casa e nunca volveu. O seu fillo mandou construír, na parroquia de San Mamede de Ribadulla, a casa de Guimaráns, pazo que estaba máis cerca de Santiago, e sen torre, pois nunca quixeron naquela familia volver a sufrir humillación.

Capela da Piedade, máis coñecida como capela de Mondragón, da catedral de Santiago, onde se poden ver, a ambos os lados, na parte superior da imaxe, as armas dos Mondragón, e do Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla.

Por aqueles anos apareceu por Santiago de Compostela un clérigo influente, aberto e con diñeiro: Juan Ibáñez de Mondragón. Nomeado cóengo de Santiago, pronto aumentou a súa fortuna e adquiriu fama. Parece ser que un dos seus irmáns era prelado en Roma, e outro servía no Exército. A orixe da familia era o soar de Eremuzketa, en Guipúscoa. Satisfeito na diocese de Santiago, poderosa, o cóengo decidiu establecerse en Compostela, para o que vendeu os bens de Mondragón e buscou unha casa no campo; a torre de Ortigueira estaba baleira e comprouna. Cambiou a súa estrutura e edificou unha capela, pois pombal e ciprés xa os tiña. Porén non vivía moito tempo en Santa Cruz: pasaba as tardes en primavera, pois en verán adoitaba ir a tomar os baños a Noia. Comprou moitas terras para ampliar a leira, dotou á parroquia con xenerosidade e fundou un morgado electivo; pero a obra na que puxo maior empeño e diñeiro foi a construción da capela da Piedade (coñecida como capela de Mondragón), na catedral, na que mandou que o enterraran. A leira de Santa Cruz tomou entón forma. Comenzouse a muralla que a rodea, e plantáronse viñas e oliveiras, así como uns bos cadros de limoeiros, cerca do bosque de carballos e castiñeiros. A horta era excelente, e dela enviábase a Santiago unha cesta todos os días, para a vivenda do cóengo. No andar principal da casa, o sobrado, había amplas estancias, incluíndo a cociña, quedando todo o baixo para o gando e almacén do gran procedente dos foros. Ao cóengo sucedeuno un sobriño, que seguiu comprando terras, e aumentou a biblioteca.

O primeiro marqués de Santa Cruz, Andrés de Mondragón era home de boa reputación e prestixio en Santiago, e foi designado rexedor da cidade: puxo orde na mesma, mellorou as fontes e amañou os parques. Parece que tivo a concesión do arbitrio do sal. Rescatou ao pobo de Santa Cruz de Ribadulla do tributo e vasalaxe a que estaban sometidos. O rei Carlos II, o 8 de marzo de 1683, fíxolle mercede do título de marqués de Santa Cruz de Ribadulla, premiando así os seus servizos. Como título previo tiña o de vizconde de San Xulián de Piñeiro.[3]

Xenealoxía dos Armada

  • I. Juan de Armada, capitán, natural e dono da casa Armada do Casar, na freguesía de San Salvador de Vide (Ourense), foi pai de:
  • II. Sebastián de Armada, natural e dono da casa do Casar, capitán, familiar do Santo Oficio da Inquisición, casou con Francisca Fernández de Araujo, natural da parroquia de san Mamede de Oleiros (Lugo). Deste matrimonio naceu:
  • III Juan de Armada y Fernández de Araujo, natural e dono da casa do Casar e dos pazos de Vilameá y Carrichouso, capitán, que da súa esposa Isabel Taboada, natural da vila de Monterrei (Ourense) e Señora da casa de Gargalo e do couto de Lamalonga, tivo a:
  • IV. Pedro Manuel de Armada y Taboada, nacido en San Salvador de Vide o 20 de xaneiro de 1646, dono da casa do Casar e Cabaleiro da Orde de Santiago. Casou con Isabel Salgado Mondragón e deste matrimonio naceu:
  • V. Ignacio Antonio de Armada y Salgado, capitán de cabalos, I Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, da casa dos Mondragón de Galicia. Casou con Ana Ignacia García de Castro e foron seus fillos:
    • VI Juan Ignacio de Armada y Mondragón, nacido o 22 de marzo de 1722 en Santa Cruz de Ribadulla, II Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Vizconde de Piñeiro. Casou na Ponte Ulla o 22 de febreiro de 1755 con María Ana Caamaño Mondragón y Sotomayor, natural da Ponte Ulla. Foron pais de:
      • 1. Antonio María de Armada Mondragón y Caamaño, nacido en Santiago en 1756, III marqués de Santa Cruz de Rivadulla, solteiro.
      • 2. Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño, que segue a liña.
  • VII. Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño, bautizado en Santa Cruz de Ribadulla o 29 de agosto de 1757, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla. Gobernador de Maracaibo (1792-1802). Foi coronel do Batallón Literario na Guerra da Independencia. Casou en Madrid o 8 de xaneiro de 1793 con Petra Guerra y García de Briones, nada en Pezuela de las Torres (Madrid) o 16 de maio de 1768. Deste enlace naceu:
  • VIII. Juan Antonio Armada Mondragón y Guerra, nacido en Maracaibo o 13 de xaneiro de 1796, VI Marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Vizconde de San Julián, e Señor das xurisdicións de Usande, Piñeiro, Carricoba, Vide, Jora, Ribadulla, Outeiro, Escornaboi, Argalo, Santa María da Mercede, Carrichouso e a casa soar de Ortigueira. Brigadier dos Reais Exércitos e Coronel honorario de Artillaría, Prócer do Reino, Senador Vitalicio, Rexedor perpetuo de Oviedo e de Ourense. Casou en Oviedo o 16 de xullo de 1816 con María del Rosario Benita Fernanda Valdés y Ramírez de Jove, nada en Xixón o 5 de outubro de 1794, X Condesa de Canalejas. Deste matrimonio foi fillo:
  • IX. Álvaro José María Benito Armada Valdés, nacido en Oviedo o 11 de maio de 1817, Conde de Revilla Gigedo, Marqués de Canillejas, VI Marqués de San Esteban del Mar de Natahoyo, Vizconde de San Julián y de la Peña de Francia, Barón de Ribarroja y de Benillova, Grande de España, Coronel de Artillaría e Xentilhome de Cámara de S.M., dono da Colexiata de San Xoán Bautista da vila de Xixón e da capela da Piedade, dita de Mondragón, na Catedral de Santiago, Señor e Parente Maior das casas de Valdés e Ramírez de Xixón, Deva, Campomanes, Figaredo, Villanueva de Llarena, Solís e Grado e outras de Asturias, de Santa Cruz de Cerbaña e varias en Galicia, XVI Adelantado Maior da Florida, Xefe Superior político de Madrid en 1852, Deputado a Cortes, Senador vitalicio do Reino con S.M. Dona Isabel II, Gran Cruz de Carlos III. Casou en Madrid o 16 de xullo de 1838 con María Manuela de la Paciencia Francisca Ramona Josefa Carlota Francisca de Paula Melitona Fernández de Córdoba y Güemes, nada en Madrid o 9 de marzo de 1822, Condesa de Revilla Gigedo, Grande de España, Marquesa de Canillejas e Condesa de Güemes, Dama Nobre da Raíña Dona María Luísa (filla de José María Fernández de Córdoba, Marqués de Canillejas, Embaixador en Francia e Inglaterra, Xentilhome de Cámara de S.M., e de Carlota Luís Güemes, Condesa de Revilla Gigedo, Dama Nobre da Banda de Dona María Luísa, ambos naturais de Madrid). Faleceu en Xixón o 23 de xuño de 1889. Foron pais de:
    • l. María Carlota Agustina Rosa de Armada y Fernández de Córdoba, nada en Xixón o 28 de agosto de 1841 e finada en Madrid o 17 de abril de 1848.
    • 2. Álvaro Gonzalo etc., que segue a liña.
    • 3. Iván de Armada y Fernández de Córdoba, nacido en Madrid o 18 de febreiro de 1845. Foi o VII Marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Doutor en Filosofía y Letras, Licenciado en Dereito e Cabaleiro Mestrante de Sevilla en 1868. Morreu en Santiago de Compostela o 4 de outubro de 1899.
    • 4. Isabel Francisca de Armada y Fernández de Córdoba, nada en Madrid o 5 de xullo de 1848. Foi desde 1906, por cesión do irmán primoxénito, VI Marquesa de Canillejas, Grande de España. Casou dúas veces: a primeira o 29 de xullo de 1869 con José María de Vereterra y Lombán, Cabaleiro da Real Mestranza de Granada, e a segunda, en Deva, o 11 de agosto de 1879 co seu cuñado Manuel de Vereterra y Lombán, natural de Oviedo, Cabaleiro da Real Mestranza de Granada, ex-Deputado a Cortes, Senador Vitalicio do Reino, Gran Cruz de Carlos III e Xentilhome de Cámara da S.M., con sucesión.
    • 5. Fernando Cristóbal de Armada y Fernández de Córdoba, nacido en Xixón o 22-I-1850. Morreu párvulo.
  • X. Álvaro Gonzalo Juan Fernando Tristán Sancho Antonio Rodrigo Diego Pelayo Rainiero Mendo Nuño Gabriel García Guillén Raimundo Jaime de Armada y Fernández de Córdoba, nacido en Xixón o 8 de febreiro de 1843, VI Conde de Revilla Gigedo, Grande de España, IV Conde de Güemes, VII Marqués de San Esteban del Mar de Natahoyo, XVII Adelantado da Florida, Vogal da Deputación permanente da Grandeza de España, Deputado a Cortes por Xixón en 1885, Cabaleiro da Orde de Carlos III, Xentilhome con exercicio e servidume da S.M., Cabaleiro da Orde de Montesa, Cabaleiro Mestrante de Valencia, Señor titular e Parente Maior das casas e soares de Xixón, Deva, Campomanes, Figaredo, Villanueva, Solís e Grado, en Asturias, e de Santa Cruz de Cerveña, en Galicia, así como herdeiro titular dos Señoríos e Baronías de Benillova y Ribarroja en Navarra, e dos portos de Sancenes e da Fuencoyada en León. Casou en Trubia (Asturias) o 20 de maio de 1872 con María del Carmen Rafaela de los Ríos Enríquez y Miranda de Grado, Dama Nobre da Orde de María Luísa, nada en Madrid o 31 de xullo de 1854. Faleceu en Deva o 23 de setembro de 1907. Deste enlace foi o sétimo fillo:
  • XI. Luís Gonzaga Antonio José María Modesto de Armada y de los Ríos Enríquez, nacido en Deva (Xixón) o 13 de xuño de 1889 e finado en Madrid o 15 de setembro de 1973. De Xixón pasou a Galicia ao faleceren os seus pais e herdar os seus bens alí. Foi o VIII Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Xeneral de Artillaría, Gran Cruz ao mérito militar e de San Hermenexildo, Cabaleiro da Orde de Santiago. Casou en Madrid o 26 de abril de 1915 con María del Rosario Comyn y Allendesalazar, nada en Madrid o 31 de outubro de 1892 (filla dos condes de Albiz). Foron pais de:

Jesusa, Rafaela, Alfonso, co que segue a liña, Luís, Dolores, María del Rosario, María del Perpetuo Socorro, Paz, Ignacio e Javier.

  • Alfonso Armada Comyn, nacido o 12 de febreiro de 1920 en Madrid, IX marqués de Santa Cruz de Ribadulla. Casou con Francisca Díez de Rivera y Guilladas, a menor das dúas fillas de Pedro Díez de Rivera y Figueroa, marqués de Someruelos, fillo dos condes de Almodóvar. Faleceu en Madrid o 1 de decembro de 2013.[2][4] Foron pais de:
    • Juan, co que segue a liña;
    • Rosario, nada o 28 de setembro de 1946, avogada;
    • Pedro, nacido o 25 de xuño de 1948, xesuíta;
    • Victoria, nada o 21 de xuño de 1950. Casou con José Gil Delgado Moxó, fillo de Carlos Gil Delgado y Armada, marqués de Berna, e de María Luisa de Moxó y Güell;
    • María de la Asunción, nada o 27 de xaneiro de 1952. Casou o 14 de xullo de 1973 con Hugo O'Donnell y Duque de Estrada, duque de Lucena, fillo de Leopoldo O'Donnell y Lara, duque de Tetuán, e de Consuelo Duque de Estrada y Moreno;
    • Alfonso, nacido o 10 de xullo de 1954;
    • Ignacio, nacido o 1 de agosto de 1957. Casou con María Eugenia Cornet y Soler;
    • Isabel, nada o 22 de xaneiro de 1961. Casou con Antonio Donoso;
    • Paz, nada o 5 de xullo de 1962. Casou con Javier Rivera Latos;
    • Luis, nacido o 11 de xaneiro de 1964.
  • Juan Armada y Díez de Rivera, nacido o 18 de abril de 1945, X marqués de Santa Cruz de Rivadulla.[5] Casou con María de España y Pascual de Quinto, filla de Fernando de España y Morelli, conde de España, e de Pilar Pascual de Quinto y Montalvo. Tiveron a:
    • Juan Armnada y España, nacido o 22 de xullo de 1973;
    • Santiago Armada y España, nacido o 20 de setembro de 1975;
    • Javier Armada y España, nacido o 2 de maio de 1978.[6]

Notas

  1. Elenco de Nobleza Arquivado 20 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. Consultada o 18/4/2012.
  2. 2,0 2,1 Muere el exgeneral Alfonso Armada, uno de los cerebros del golpe del 23-F Diario El País (España), 01/12/2013.
  3. Euskalnet. Armada Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 18/4/2012.
  4. Muere el general Alfonso Armada, condenado a 30 años por el 23-F Diario ABC, 02/12/2013.
  5. La familia del golpista vuelve al Pazo Diario El Mundo (España), 22/02/2014.
  6. Alfonso Armada Xenealoxía.org. Apelidos de Galicia.

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

تفجير حي الراشدين (أبريل 2017) جزء من الحرب الأهلية السورية المعلومات البلد سوريا  الموقع حي الراشدين، محافظة حلب،  سوريا الإحداثيات 36°10′07″N 37°04′10″E / 36.168521388889°N 37.069416111111°E / 36.168521388889; 37.069416111111  التاريخ 15 نيسان/أبريل 2017 الهدف نازحين من أهالي الفوعة و‌كفري...

 

United States historic placeMorvenU.S. National Register of Historic PlacesU.S. National Historic LandmarkU.S. Historic districtContributing propertyNew Jersey Register of Historic Places Morven in 2006Show map of Mercer County, New JerseyShow map of New JerseyShow map of the United StatesLocation55 Stockton Street,Princeton, New Jersey, United StatesCoordinates40°20′50.97″N 74°40′1.03″W / 40.3474917°N 74.6669528°W / 40.3474917; -74.6669528Built1730Archite...

 

Hasil serangan udara selama Perang Kosovo Serangan udara[1] adalah operasi ofensif yang dilakukan oleh pesawat. Serangan udara dikirim dari pesawat terbang seperti balon udara, balon, pesawat tempur, pembom, pesawat serang darat, helikopter serang dan drone. Definisi resmi mencakup semua jenis target, termasuk target udara musuh, tetapi dalam penggunaan populer istilah ini biasanya dipersempit menjadi serangan taktis (skala kecil) di darat atau angkatan laut dan berbeda dari serangan ...

Logo Simon Templar Simon Templar adalah karakter fiksi Inggris yang lebih dikenal sebagai The Saint, dan ditampilkan dalam rangkaian panjang-berjalan buku oleh Leslie Charteris yang diterbitkan antara 1928 dan 1963. Setelah tanggal itu, penulis lain berkolaborasi dengan Charteris pada buku sampai tahun 1983; kemudian dua karya tambahan diproduksi tanpa partisipasi Charteris dan diterbitkan pada tahun 1997. Karakter juga muncul di film, drama radio, komik, buku komik dan tiga seri televisi. Pr...

 

العلاقات الأسترالية الأرجنتينية أستراليا الأرجنتين   أستراليا   الأرجنتين تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الأسترالية الأرجنتينية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين أستراليا والأرجنتين.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية...

 

Disambiguazione – Se stai cercando altre voci omonime, vedi Charles de Gaulle (disambigua). Disambiguazione – De Gaulle rimanda qui. Se stai cercando altri significati, vedi De Gaulle (disambigua). Charles de GaulleCharles de Gaulle nel 1963 18º Presidente della Repubblica francese[1]Durata mandato8 gennaio 1959 –28 aprile 1969 Capo del governoMichel DebréGeorges PompidouMaurice Couve de Murville PredecessoreRené Coty(IV Repubblica) SuccessoreGeorges Po...

Синелобый амазон Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:ЗавропсидыКласс:Пт...

 

Pour les articles homonymes, voir Jordan et Camille Jordan. Camille JordanCamille Jordan.FonctionsPrésidentAcadémie des sciences1er janvier - 31 décembre 1916Edmond PerrierArsène d'ArsonvalPrésident de la Société mathématique de France1879Pierre-Ossian BonnetEdmond LaguerrePrésident de la Société mathématique de France1879Camille JordanEdmond LaguerreBiographieNaissance 5 janvier 1838LyonDécès 21 janvier 1922 (à 84 ans)7e arrondissement de ParisNationalité Français...

 

Cet article est une ébauche concernant un scénariste et un réalisateur italien. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les conventions filmographiques. Giorgio DirittiBiographieNaissance 21 décembre 1959 (64 ans)BologneNationalité italienneActivités Scénariste, réalisateur, monteur, producteur de cinémamodifier - modifier le code - modifier Wikidata Giorgio Diritti (né le 21 décembre 1959 à Bologne, en Émilie-Romagne) est un réalis...

Election for Governor of Montana For related races, see 1936 United States gubernatorial elections. 1936 Montana gubernatorial election ← 1932 November 3, 1936 1940 → Turnout79.80%1.80[1]   Nominee Roy E. Ayers Frank A. Hazelbaker Party Democratic Republican Popular vote 115,310 108,914 Percentage 50.94% 48.12% County resultsAyers:      40–50%      50–60%      60–70%  ...

 

Online advertising platform owned by Google This article is about the Google service aimed at advertisers. For the Google service aimed at publishers, see AdSense. Google AdsOther namesGoogle AdWordsDeveloper(s)GoogleInitial releaseOctober 23, 2000; 23 years ago (2000-10-23)[1]TypeOnline advertisingWebsiteads.google.com Google Ads is an online advertising platform developed by Google, where advertisers bid to display brief advertisements, service offerings, product l...

 

FC DordoiNama lengkapFootball Club DordoiJulukanДордойчуларСары-көктөр (Yellow-blue)Berdiri1997; 27 tahun lalu (1997)StadionStadion DordoiBishkek, Kyrgyzstan[1](Kapasitas: 3,000)PemilikAskar Salymbekov[2]KetuaSalymbekov UlugbekManajerAleksandr KrestininLigaKyrgyz Premier League20233.Situs webSitus web resmi klub Kostum kandang Kostum tandang Musim ini Football Club Dordoi Bishkek adalah klub sepak bola Kyrgyzstan yang berbasis di Bishkek, Kyrgyzs...

هذه المقالة لا تحتوي إلّا على استشهادات عامة فقط. فضلًا، ساهم بتحسينها بعزو الاستشهادات إلى المصادر في متن المقالة. (سبتمبر 2018)Learn how and when to remove this message قلعة قايتبايقلعة قايتباى (بالعربية) معلومات عامةنوع المبنى قلعةالمكان الإسكندريةالمنطقة الإدارية محافظة الإسكندرية البل...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (فبراير 2015) اضغط هنا للاطلاع على كيفية قراءة التصنيف مطثية حالة للزيلان البارد المرتبة التصنيفية نوع  التصنيف العلمي النطاق: الجراثيم المملكة: بكتيريا الشعبة: متينا...

 

كسوف الشمس 9 مارس 2054خريطةنوع الكسوفطبيعةجزئيغاما-1.1711الحجم0.6678الكسوف الأقصىإحداثيات72°00′S 97°54′E / 72°S 97.9°E / -72; 97.9الأوقات (UTC)أعظم كسوف12:33:40مراجعساروس150 (19 من 71)كتلوج # (SE5000)9627سيحدث كسوف جزئي للشمس يوم الاثنين 9 مارس 2054. يحدث كسوف الشمس عندما يمر القمر بين الأرض والش...

ABC News NowDiluncurkan26 Juli 2004 (2004-07-26)Ditutup28 Oktober 2013 (2013-10-28)JaringanDisney-ABC Television GroupPemilikThe Walt Disney CompanyNegaraAmerika SerikatDigantikan olehFusion ABC News Now adalah sebuah saluran berita 24-jam asal Amerika Serikat yang dapat diakses melalui televisi digital, broadband dan video streaming di ABCNews.com dan ponsel.[1] Saluran ini menyampaikan berita, berita utama setiap setengah jam, dan berbagai program hiburan dan gaya hidup. S...

 

1642 battle during the English Civil War Not to be confused with the Battle of Edge Hill, another name for the American Revolutionary War Battle of White Marsh. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Battle of Edgehill – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2013) (Learn how and when...

 

一中同表,是台灣处理海峡两岸关系问题的一种主張,認為中华人民共和国與中華民國皆是“整個中國”的一部份,二者因為兩岸現狀,在各自领域有完整的管辖权,互不隶属,同时主張,二者合作便可以搁置对“整个中國”的主权的争议,共同承認雙方皆是中國的一部份,在此基礎上走向終極統一。最早是在2004年由台灣大學政治学教授張亞中所提出,希望兩岸由一中各表...

Open standard file format and data interchange Json redirects here. For people with similar names, see J Son. JavaScript Object NotationFilename extension .jsonInternet media type application/jsonType codeTEXTUniform Type Identifier (UTI)public.jsonType of formatData interchangeExtended fromJavaScriptStandardSTD 90 (RFC 8259), ECMA-404, ISO/IEC 21778:2017Open format?YesWebsitejson.org JSON (JavaScript Object Notation, pronounced /ˈdʒeɪsən/ or /ˈdʒeɪˌsɒn/) is an op...

 

Ghanaian footballer (born 1994) Josh Yaro Personal informationDate of birth (1994-11-18) 18 November 1994 (age 29)Place of birth Kumasi, GhanaHeight 1.80 m (5 ft 11 in)Position(s) DefenderTeam informationCurrent team St. Louis CityNumber 15Youth career2009–2010 Right to Dream AcademyCollege careerYears Team Apps (Gls)2013–2015 Georgetown Hoyas 57 (1)Senior career*Years Team Apps (Gls)2014 Baltimore Bohemians 2 (0)2016–2018 Philadelphia Union 23 (0)2016–2018 → Bet...