Marko Jarić, nado en Belgrado o 12 de outubro de 1978, é un ex xogador serbio de baloncesto profesional. Mide 2,01 metros e xogaba na posición de escolta.
Traxectoria
Europa
Jarić comezou a xogar coma profesional na tempada 1996-97 co Peristeri BC grego, onde disputou dúas tempadas a Copa Korać. As seguintes catro tempadas xogou na Lega Basket Serie A italiana e na Euroliga para o Fortitudo Bologna e o Virtus Bologna. Foi o primeiro xogador da historia en gañar a liga italiana dous anos seguidos para equipos diferentes, en 2000 co Fortitudo e en 2001 co Virtus Bologna.
NBA
Jarić foi seleccionado na 30ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Los Angeles Clippers. Tras xogar tres tempadas cos Clippers, foi traspasado o 12 de agosto de 2005 xunto a Lionel Chalmers ós Minnesota Timberwolves, a cambio de [[Sam Cassell] e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[1]
O 26 de xuño de 2008, foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso que incluíu a oito xogadores, entre eles ós rookies O.J. Mayo e Kevin Love.[2]
Regreso a Europa
Tras acordar a súa saída dos Grizzlies,[3] Jarić asinou co Real Madrid da Liga ACB o 22 de decembro de 2009.[4] O 14 de xaneiro de 2011, asinou co Montepaschi Siena ata o final da tempada 2010-11.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|