É sede da maior Expo anual de Paraguai, onde empresas, industrias, comerciais e servizos expoñen os avances que tiveron nas súas respectivas áreas. É unha das cidades paraguaias de máis crecemento económico dos últimos anos.
Barrios
Mario Roque Alonso divídese en 14 barrios:
Arecayá
Caacupemi
Caaguy-Cupé
Central
Corumba-Cué
Defensores del Chaco
María Auxiliadora
Monseñor Bogarín
Remanso Castillo
San Blás
San Jorge
San Luis
San Ramón
Virgen de la Rosa Mística
Xeografía
A cidade abarca 50m², e localízase no Departamento Central, delimita co norte de Limpio nos lugares coñecidos como Paso Ñandejára e estancia Surubi’y sobre o regueiro Itay, ao sur co barrio Loma Pyta da cidade de Asunción, ao leste coas cidades de Luque e Limpio, servindo como divisoria con estas cidades o regueiro Itay e ao oeste co río Paraguai.
Demografía
Mariano Roque Alonso conta cunha poboación de 87.029 en total, dos cales 43.300 son homes e 43.728 son mulleres, segundo proxeccións da Dirección General de Estadísticas, Ecuestas y Censos.[1]