Marianne é unha serie de televisión francesa de terror creada e dirixida por Samuel Bodin, escrita por Bodin e Quoc Dang Tran e protagonizada Victoire Du Bois, Lucie Boujenah e Tiphaine Daviot. Conta a historia dunha novelista chamada Emma Larsimon que descobre que as personaxes que escribe nos seus libros de terror tamén existen no mundo real.[1][2] A serie estreouse o 13 de setembro de 2019 en Netflix. A serie foi cancelada despois dunha tempada en xaneiro de 2020.[3]
Personaxes
- Victoire Du Bois como Emma Larsimon
- Lucie Boujenah como Camille
- Tiphaine Daviot como Aurore
- Ralph Amoussou como Séby
- Bellamine Abdelmalek como Arnaud
- Mehdi Meskar como Tonio
- Alban Lenoir como Inspector Ronan[4]
- Mireille Herbstmeyer como Mrs Daugeron
- Corinne Valancogne como Mrs Larsimon
- Patrick d'Assumçao como Fr Xavier
- Pierre Aussedat como Mr Larsimon
- Luna Lou como Emma de adolescente
- Charlie Loiselier como Aurore de adolescente
- Bruni Makaya como Séby de adolescente
- Adam Amara como Arnaud de adolescente
- Anna Lemarchand como Caroline de adolescente
- Délia Espinat-Dief como Marianne
Produción
A serie foi rodada en varias localidades da Bretaña, como Clohars-Carnoët, Pléneuf-Val-André, Fréhel, Jugon-les-Lacs e Plévenon, así como no hospital psiquiátrico Maison Blanche e na localidade de Mennecy en Illa de Francia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas