Marián Ferreiro Díaz, nada en Narón o 1 de outubro de 1977,[1] é unha política galega de Terra Galega.
Traxectoria
Estudou o Bacharelato no Instituto das Telleiras. Foi dependenta de comercio e administrativa do Concello de Narón (2006-2015). Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como número 2 na candidatura de Terra Galega que encabezaba Xosé Manuel Blanco e foi elixida concelleira. Foi concelleira de Cultura e primeira tenenta de alcalde. En setembro de 2017, logo da renuncia ao cargo de Xosé Manuel Blanco por idade, foi elixida alcaldesa de Narón o 23 de setembro.[2]
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[3] e igualmente nas de 2023.[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos