Margaret Preston, nada como Margaret Rose McPherson o 29 de abril de 1875 en Adelaida e finada o 28 de maio de 1897 en Sydney, foi unha artista australiana.
Traxectoria
Nada como Margaret Rose McPherson en Port Adelaide o 29 de abril de 1875, Preston era filla do enxeñeiro David McPherson e de Prudence Lyle. Ós 30 anos, trala morte dos seus pais, Preston foi para a Europa onde algunhas das súas pinturas foron expostas nos salóns de París en 1905 e 1906. As súas principais influencias eran os posimpresionistas franceses, e despois o cubismo e a arte nipóna. Trala primeira guerra mundial coñeceu a William Preston, con quen casou en 1919. A parella viaxaba constantemente e frecuentemente recadaba material das tribos aborixes de Australia. Os seus gravados en madeira convertéronse na maior expresión da arte moderna australiana, mais os seus traballos máis famosos son as súas pinturas a óleos modernistas. En 1923 comezou a avogar por unha arte nacional que incluíse máis a cultura aborixe e constantemente usaba persoas dese pobo como figuras nas súas pinturas.[1] Nos anos 40 comezou a usar liñas máis sinxelas e unha paleta de cores máis terrosa nas súas paisaxes ó óleo, influenciada pola arte aborixe. Preston faleceu o 28 de maio de 1963, deixando unha ampla obra e sendo unha das artistas mulleres máis lembradas de Australia.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Butler, Roger (1982). The prints of Margaret Preston, a catalogue raisonné. National Gallery of Australia, Australia. p. 373. ISBN 064254185X.
- Edwards, Deborah; Rosemary Peel; Denise Mimmocchi (2010). Margaret Preston. Thames & Hudson Australia Pty. Limited, 300 pp + CD ROM. ISBN 0500500223.
- Speck, Catherine (2004). Painting Ghosts: Australian Women Artists in Wartime. Richmond: Thames and Hudson (Australia). pp. 106–108,110,111,114,172. ISBN 1877004227.