Marcos Cesar Pontes, nado en Bauru (Brasil) o 11 de marzo de 1963, é o primeiro astronauta brasileiro. Formou parte das misións Soiuz TMA-8 e Soiuz TMA-7.[1][2]
Traxectoria
Pontes graduouse en tecnoloxía aeronáutica na Academia da Forza Aérea do Brasil en Pirassununga (São Paulo) e é máster en enxeñaría de sistemas pola Escola Naval de Posgraduados de Monterey (California) en 1998. Participou nas misións Soiuz TMA-7 e Soiuz TMA-8, pasando un total de 9,89 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos