Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Marce.
Marce é unha das 20 aldeas da parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos. Marce é unha vila que participa da ribeira e da montaña, noutros tempos era máis grande ca moitas parroquias. Hoxe quedan quince fogares, e chegou a ter cincocentos habitantes polos anos vinte.
Segundo o INE en 2007 tiña 28 habitantes (32 no 2006, 34 no 2005, 34 no 2004, 35 no 2003).
Patrimonio
- O Castro de Marce. Chamado tamén Castelo de Marce, sitúase nunha elevada montaña a 1 km da aldea de Marce, no alto do río Miño.
- A Torre de Marce. Esta torre foi unha casa de liñaxe e de importancia no século XV.
- A Torre do Reloxo.[1] Torre con reloxo de campá, construída no ano 1950 pola Asociación de veciños de Marce en Buenos Aires, sitúase a cen metros da Torre de Marce.
A zona ten un importante patrimonio natural, fragas, camiños ou socalcos escalonados. Hai camiños de sendeirismo sinalizados e poden verse interesantes paisaxes e lugares de interese como a fervenza de Augacaída de 40 metros. Tamén hai unhas boas vistas sobre o río Miño e a ribeira.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Vilar de Ortelle
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Asociación Xuvenil Os Estraloxos (2001). Lendas e tradicións da Ribeira Sacra : Vilar de Ortelle, Pantón. Pantón: Deputación de Lugo. ISBN 84-8064-108-8.
- Castro López, Ramón (1929). Reseña histórico descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca. Pantón: Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-174-2.
Outros artigos
- Xacio: Os xacios son seres mitolóxicos propios das pozas de Chouzán, de Curbaceira, de Parleira, Marce...