As marcas de canteiro son símbolos gravado por un canteiro nunha pedra tallada por el.
Características
Foron utilizadas principalmente durante a Idade Media e o Renacemento, sendo facilmente identificables en construcións como castelos, igrexas, pazos ou pontes. Tiñan como propósito identificar a autoría do traballo, para determinar o valor a pagar a cada canteiro, dado que eran remunerados por peza, non por tempo traballado. Tamén había outras marcas, normalmente colocadas na parte non visible da pedra, destinadas a indicar a posición en que esta debe colocarse.
A ciencia que estuda as marcas de canteiro é a gliptografia.