María Adánez

Modelo:BiografíaMaría Adánez

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Adánez Almenara Editar o valor en Wikidata
12 de marzo de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, directora de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
ParellaAlberto Caballero (2003–2005) Editar o valor en Wikidata
NaiPaca Almenara Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0012560 Allocine: 29494 Allmovie: p232083 TCM: 657201
Twitter: mariadanez Instagram: laadanez BNE: XX1310130 Editar o valor en Wikidata

María Angustias Adánez Almenara, coñecida como María Adánez, nada en Madrid o 12 de marzo de 1976, é unha actriz española.

Traxectoria

María Adánez é filla da maquilladora Paca Almenara e fillastra do tamén actor Santiago Ramos (co que ten traballado en varias ocasións). Deuse a coñecer mediante a serie de televisión Farmacia de guardia de Antonio Mercero en 1992 e máis tarde cun papel de maior protagonismo en Pepa y Pepe, en cuxa filmación forxou vínculos co equipo, desde o realizador Manuel Iborra ós seus principais compañeiros de elenco: Verónica Forqué, Silvia Abascal e Tito Valverde.

Ese vínculos reforzaríanse posteriormente coa posta en marcha de dous proxectos cinematográficos: El tiempo de la felicidad (1997), onde Verónica Forqué volvía interpretar a nai dos personaxes de María e de Silvia Abascal como fixera en Pepa y Pepe, e La dama boba (2005), badeada na obra de Lope de Vega. Entre as súas incursións no cine destacan tamén outras coma La ley de la frontera (1995), de Adolfo Aristarain; Cha-cha-chá (1998), de Antonio del Real; Entre las piernas (1999), de Manuel Gómez Pereira ou Tiovivo c. 1950 (2004),de José Luis Garci. Tamén traballou ás ordes do galego Antón Reixa na adaptación da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro.

Paralelamente sedenvolveu unha sólida carreira teatral. A representación máis coñecida na que interveu foi El príncipe y la corista, xunto a Emilio Gutiérrez Caba (co que xa coincidira en Javier ya no vive sólo), obra pola que recibiu o Premio Ercilla como actriz revelación de teatro e foi nomeada pola Unión de actores ó Premio á mellor actriz. Outras obras teatrais nas que interveu son La tienda de la esquina de Lander Iglesias, Los bosques de Nyx de Miguel Bosé eCasa de muñecas de Nino Quevedo. A súa última intervención no teatro foi da man de Miguel Narros co clásico de Oscar Wilde, Salomé, proxecto que a levou a deixar Aquí no hay quien viva.

Tamén participou noutras series de televisión con papeis fixos como Los vecinos de al lado, Menudo es mi padre, Ellas son así, Javier ya no vive sólo e a exitosa Aquí no hay quien viva, onde interpretaba á pija, papel que de novo lle deu gran popularidade e recoñecemento.

Filmografía

Series de televisión

Papeis fixos

Papeis episódicos

Obras de teatro

Premios