Manuel Álvarez Torneiro
Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932[1][2] e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 2019[3], foi un xornalista e poeta galego.
Traxectoria
Cursou estudos na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña. Despois de desempeñar varios traballos entrou a traballar en La Voz de Galicia. no que botou vinte e cinco anos e, entre outras funcións, levou a cabo un imporante labor como crítico literario. Foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 1950 na Coruña[4] e colaborou en diversos libros colectivos e revistas (Dorna, Clave Orión, A xanela, ...).[5] Os antólogos sitúano na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: os nados entre 1928 e 1942.[6]
Foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2011. En 2013 recibiu o Premio Nacional de Poesía,[7] o primeiro poeta en recibir este premio cun libro en lingua galega.
Obra en galego
Poesía
Obras colectivas
- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003). Tris Tram. Arturo Casas, editor.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior.
- 23 poetas cantan a don Antonio Machado (2004), Hipocampo.
- Son de poesia (2005). Edições Fluviais, Lisboa.
- Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Poetas e Narradores nas súas voces (volume II) (2006). Consello da Cultura Galega.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior.
Obra en castelán
Poesía
- Desnudo en barro (1983). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 55 páxs.
- Cenizas en el salmo (1985). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 68 páxs. ISBN 978-84-86046-12-5.
Premios
- Accésit do Premio Esquío de poesía en 1985, por Fértil corpo de soño.
- Accésit no Premio de poesía Miguel González Garcés no 1992, por As voces consagradas.
- Premio Esquío de poesía en 1994, por Rigorosamente humano.
- Premio de poesía Miguel González Garcés no 1998, por Luz de facer memoria.
- Premio da Crítica en 1999, por Luz de facer memoria.
- Premio de poesía Miguel González Garcés no 2000, por Campo segado.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non poesía ou teatro do 2012, por Os ángulos da brasa.
- Premio da Crítica en 2012, por Os ángulos da brasa.
- Premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012, por Os ángulos da brasa. Ex-aequo con Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal.
- Premio Nacional de Poesía 2013 por Os ángulos da brasa.[15][16]
Notas
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ Casalderrey, Fina (2019-10-10). "Manuel Álvarez Torneiro, rigorosamente humano". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Galicia perde ao poeta e xornalista Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-10-09. Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía". La Vanguardia (en castelán). 8 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de outubro de 2013. .
- ↑ "PoesiaGalega: "Manuel Álvarez Torneiro: As doazóns do incendio"". www.poesiagalega.org. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Centro de Documentación da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ Rodríguez, Luciano. "Manuel Álvarez Torneiro. Luz de facer memoria" (PDF). poesiagalega.org. Consultado o 10/10/2019.
- ↑ "Setembro Stradivarius. Deputación Provincial de Pontevedra. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Os ángulos da brasa / Los ángulos de la brasa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ Nicolás, Ramón (2014-05-12). "Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro". Caderno da crítica. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ Villar, Miro (Abril, maio, xuño 2021). "Un pasal máis do macrotexto". Grial LIX (230): 95–96. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Kalandraka: Detalle". www.kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía". La Vanguardia (en castelán). 8 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de outubro de 2013. .
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
|