Manuel Viqueira Vieites, nado en Vilaverde (Ordes) o 7 de setembro de 1929 e finado en Ordes o 9 de febreiro de 2015[1], foi un gaiteiro galego, coñecido como O gaiteiro de Vilaverde.
Traxectoria
Manuel é o terceiro de catro irmáns. Aos dez anos mercou a súa primeira gaita, de fol tombal. Comezou tocando panxoliñas no Nadal canda dos cantores. Foi o fundador do cuarteto Os Viqueiras de Ordes e un referente da música tradicional galega.
Discografía
En 2006 Edicións do Cumio editou o seu primeiro traballo discográfico que recolle as súas pezas máis representativas.
Notas