Manuel Rodríguez González, nado en Ourense e finado en Madrid o 3 de setembro de 1951, foi ebanista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Ingresou nas Juventudes Socialistas Unificadas de Ourense a finais de 1946. Cando foron desmanteladas en marzo de 1948, encargouse de reorganizalas. Coa morte de Máximo Nóvoa Barreiros incorporouse á guerrilla de Samuel Mayo Méndez. Pertenceu ao grupo guerrilleiro de Juan Sorga Rodríguez. Tentou chegar co resto de grupo a Francia. Na viaxe foron sorprendidos pola Garda civil en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio de 1950, resultando morto Perfecto de Dios Fernández e detida a súa nai Carmen Fernández Seguín. Juan Sorga e Manuel Rodríguez lograron fuxir e chegaron a Madrid. O 26 de maio, cando viaxaba con Juan Sorga no tren correo Madrid-Zaragoza foi detido pola Garda Civil, mentres Sorga logrou saltar do tren e fuxir. Xulgado en Madrid, foi condenado a pena de morte e executado en garrote vil o 3 de setembro de 1951.
Véxase tamén
Bibliografía
- Domínguez González, José (2016). A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario). Círculo Rojo. p. 70. ISBN 978-84-9126-680-8.
- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus: Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. pp. 327–333, 361–364. ISBN 978-84-612-6855-9.