Manuel Ramiro Souto

Modelo:BiografíaManuel Ramiro Souto
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor en Wikidata
Ombre, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xuño de 1952 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Visantoña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVisantoña (–2024) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesSouto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 6711
Foxa de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto en Visantoña, Mesía.

Manuel Ramiro Souto, Souto, nado en Ombre (Culleredo) en 1925 e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Albanel. En 1945 pertencía ao grupo volante destacamento Manolito Bello da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia con José María Castelo Mosquera, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino e Carmen Temprano Salorio, que actuaba nas Mariñas. Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 xunto con José María Castelo Mosquera, Francisco Paz Fornos e Emilio Pérez Vilariño.[1]

Cando estaban refuxiados na casa da familia Teiga en Zas (Negreira) foron descubertos pola Garda Civil o 5 de marzo de 1949. Manuel logrou fuxir e despois de dous días de marcha, chegou á zona de Ordes, onde contactou cun punto de apoio grazas ao que foi recollido por outros compañeiros. Foi abatido en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con José Galán Núñez cando a Garda Civil rodeou a casa onde estaban agochados; o outro compoñente da partida, Juan Couto Sanjurjo, foi detido.[2]

Soterrárono xunto á igrexa de Visantoña, e en 2024 exhumáronse os seus restos.[3]

Notas

  1. Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4.
  2. La Voz de Galicia, 25-6-1952, p. 3.
  3. David Reinero (20 de agosto de 2024). "Comeza en Visantoña, Mesía, a exhumación de dous guerrilleiros caídos en 1952". Praza Pública.