Manuel Prego Chas

Modelo:BiografíaManuel Prego Chas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor en Wikidata
Meirás, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Veigue, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4471

Manuel Prego Chas, nado en Meirás (Sada) en 1907 e finado en Veigue (Sada)[1] o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense de orientación marxista.

Traxectoria

Participou activamente no Sindicato de Profesiones Varias de Meirás (1932-1936), que chegou a presidir, e no Sindicato de Oficios Varios de Sada (1931-1936), e foi o fundador do Radio Comunista de Sada (1936).

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, agochouse xunto a Juan Antonio Suárez Picallo, Antonio Carballeira, José Mosquera Rey e Gumersindo Montero en Meirás. Fuxiron posteriormente os tres primeiros á Coruña. Alí, unhas semanas despois, foron identificados, delatados e apresados polos falanxistas sadenses. Tras sufriren torturas, foron asasinados.[Cómpre referencia] Os seus corpos foron achados o 12 de agosto no lugar de Abeleiras.

O seu nome figura na placa instalada no 2007 en Sada en homenaxe ás vítimas da represión franquista.

Notas

  1. Supostamente, xa que foi alí onde apareceu o seu cadáver, aínda que non se sabe con certeza o lugar en que foi asasinado

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas