Manuel Hermida Vázquez, nado en Ourense e finado en Monforte de Lemos, foi un xornalista e funcionario galego.
Traxectoria
Instalado en Monforte de Lemos, dirixiu os periódicos Heraldo de Lemos e La Opinión (a partir de xaneiro de 1904). Foi nomeado recadador-depositario de fondos municipais en 1925.[1] Foi administrador da Casa de Alba en Monforte.
Vida persoal
Foi pai de Manuel Hermida Balado.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-10-1925, p. 11.