Manuel Eirís Cabeza, nado en Sofán (Carballo) o 10 de maio de 1930 e finado no mesmo concello o 23 de outubro de 1992,[1] foi un veterinario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Licenciado en Veterinaria pola Universidade de León. Foi presidente do Sindicato da Gandería durante o franquismo e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Foi deputado no Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985). Foi elixido deputado do Congreso pola provincia da Coruña na III e IV lexislaturas (1986-1992). Foi substituído no Congreso por Belén do Campo Piñeiro en 1992.
Vida persoal
Casou con Florinda Puñal Carballo e foi pai de Aurora, Jesús, Ana e Luis Eirís Puñal.
Notas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-10-1992, p. 66.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas