En 1940, a directiva da Unión Española contratou a Casals, co obxectivo de formar un novo cadro de xogadores, despois da paréntese deportiva que tomou o club na tempada 1939, que rematou coa marcha de trece dos seus xogadores. Casals formou unha escuadra sen reforzos estranxeiros,[2] baseada nos xogadores das divisións inferiores, que estaban ao cargo de Andrés García e Félix Cantín.
A primeira tempada deste equipo foi desastrosa, rematando na décima e derradeira posición.[3][4] A pesar deste fracaso, os dirixentes seguiron confiando no proxecto e, na temporada de 1941, o club rematou na parte media da clasificación (5.º lugar), conseguindo sete vitorias, cinco empates e cinco derrotas.[5] Na de 1942, rematou en sétimo lugar, despois de sete triunfos, un empate e dez derrotas.[6] En 1943 deixou o equipo, sendo substituído por Atanasio Pardo. Co cadro de xogadores que formara Casals, xunto aos reforzos de Segundo Flores e Luis Ponce, a Unión Española conquistou a Primeira división esa tempada.[7]
↑Agüero de la Torre, Vinko; Álvarez Nieto, Manuel; Marino Conde, José; Martínez Urrengoechea, Rafael; Prado Álvarez, Fernando; Vizcaya Jaramillo, Cristián (Marzo de 2014). Años de Unión(en castelán). Prólogo de José Luis Sierra Pando (1.ª ed.). Santiago, Chile: DUE Diseño y Comunicación. ISBN978-956-353-672-0. Consultado o 11 de maio de 2021.