Manoela Latini Gavassi Francisco, máis coñecida simplemente como Manu Gavassi (São Paulo, 4 de xaneiro de 1993), é unha actriz, cantante e compositora brasileira. Lanzou no 2010 o seu primeiro álbum titulado Manu Gavassi.[1]
Biografía
Inicio da vida
Manu Gavassi naceu en São Paulo o 4 de xaneiro de 1993, filla do presenetador de radio e televisión Zé Luis Francisco e Daniela Gavassi. Aos 13 anos de idade, ela aprendeu co seu pai a tocar a guitarra clásica.
2010-11: inicio de carreira e primeiro álbum
Comezou a súa carreira facendo covers de cancións de Justin Bieber e Miley Cyrus que subía ao seu canle de YouTube ata que o seu pai, que traballaba na radio Jovem Pan FM enviou unha demo ao produtor Rick Bonadio, que a chamou para gravar o seu primeiro álbum. Após isto, Manu comezou a traballar no disco, que foi gravado en dous meses e lanzado o 31 de agosto de 2010. O seu primeiro sinxelo foi "Garoto Errado" e foi lanzado unha semana antes do lanzamento do disco. O videoclip desa canción, conseguiu máis de 17 millóns de visitas no YouTube.
O 15 de novembro de 2011, Manu lanzou unha nova canción, "Odeio", que está presente na edición deluxe do seu álbum de estrea Manu Gavassi.
2012-actualidade: Clichê Adolescente e estrea na TV
O día 17 de setembro de 2012, Manu lanzou o seu primeiro sinxelo do segundo álbum de estudio, Conto de Fadas. No iTunes, a canción alcanzou como mellor posición un 5º posto, en 16 horas após o seu lanzamento.
En abril de 2013, Manu lanzou no iTunes o segundo sinxelo do seu segundo álbum de estudio, titulado "Clichê Adolescente". O 13 de maio de 2013, Manu lanzou na súa páxina de Facebook o terceiro sinxelo, chamado "Cicatriz". Clichê Adolescente saíu nas tendas o día 29 de novembro de 2013.
En febreiro de 2014 estreouse como actriz na telenovela Em Família.
Discografía
Filmografía
Televisión
Cinema
Notas