Manolo Otero, nado en Madrid o 25 de xuño de 1942 e finado en São Paulo o 2 de xuño de 2011, foi un cantante español de orixe galega.[1]
Traxectoria
Fillo dun cantante de ópera e zarzuela e dunha nai actriz, herda as influencias artísticas dos seus proxenitores. Manolo Otero é licenciado en Filosofía e Letras. Estivo casado con María José Cantudo, coa que tivo un fillo.
Deuse a coñecer no ano 1974 co seu primeiro álbum titulado Todo el Tiempo del Mundo. Entre as súas cancións máis coñecidas atópanse María no más, Vuelvo a ti, ou Bella mujer. Participou no filme Juicio de faldas (1969).
Morreu vítima dun cancro no fígado.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas