Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Manuel Soto.
Manoel Soto Ferreiro, nado en Ourense o 6 de abril de 1944 e finado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o 27 de novembro de 2019,[1] foi un político galego que foi alcalde de Vigo durante 12 anos.
Traxectoria
Consultor de empresas e promotor de vendas, axudou na clandestinidade a fundar o PSdeG-PSOE en Vigo, e militou nel ata que no ano 1998 pediu a baixa no mesmo para fundar, xunto con outros exmilitantes do Partido Socialista e persoas independentes, o partido progresista e galeguista: Progresistas Vigueses, que máis tarde se fusionaría con outros partidos para crear Democracia Progresista Galega.
Co partido socialista foi alcalde de Vigo dende 1979 ata 1991. Co novo partido concorreu as eleccións de 1999 cando conseguiu un concelleiro. Antes das eleccións de 2003 incorporou á lista do partido a Agustín Arca Fernández de Unión Galega e xuntos conseguiron dous concelleiros. Durante o mandato o veterano político Agustín Arca faleceu e o seu posto foi ocupado polo mariñeiro e patrón de barco Xulio Alonso Vázquez.
En 2004 participou na constitución do Partido Galeguista Demócrata, do que foi nomeado secretario xeral. Reconstituíu o desaparecido Partido Galeguista, ao que se lle sumaron outros partidos independentes. Secretario xeral desa formación, concorreu ás municipais de 2007 como cabeza de lista por Vigo, pero non saíu elixido concelleiro. En xaneiro de 2008 deixou a secretaría xeral da formación.
Recibiu a distinción de presidente de hora do Real Club Celta.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas