Este artigo trata sobre o xénero. Para a especie
Mandragora officinarum véxase:
Mandrágora.
Mandragora é un xénero pertencente á subfamilia Solanoideae, incluída na familia das solanáceas (Solanaceae). Comprende 18 especies nativas de Eurasia.[1] Antigamente utilizábana con fins curativos. Hoxe en día serve como especia de cociña (se está curada) ou como estupefaciente (se non está curada). É moi propia en países onde as temperaturas son moi elevadas, como en Asia e África onde aínda se utiliza con fins curativos. É o único xénero da tribo Mandragoreae.
A especie máis común é a mandrágora[2]
Mandragora officinarum, unha planta herbácea de raíz grosa e napiforme, follas ovais e enteiras, en roseta, e flores pedunculadas e campaniformes, de cor amarela verdosa; crece na rexión mediterránea. Ten propiedades narcóticas e desde a antigüidade atribúenselle propiedades máxicas.
Especies seleccionadas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas