A dos triquéquidos (Trichechidae) é unha familia de mamíferosplacentarios da orde dos sirenios coñecidos vulgarmente como manatís,[1] e tamén como vacas mariñas, peixes muller e sereas (igual que a algúns pinnípedes, como focas e morsas), cos que gardan algunhas similitudes morfolóxicas, e cos que os mariñeiros antigos confudían).[2]
Na actualidade só sobrevive un xénero desta familia, Trichechus, con tres especies (ou catro, segundo algúns autores).
Os manatís teñen un corpo macizo, pero fusiforme. A pel é grosa e coriácea. As extremidades anteriores teñen forma de aleta, e as posteriores desapareceron e, para axudar na natación, desenvolveron unha cola plana e horizontal, de contorno arredondado, o que os diferencia do dugongo, que ten a aleta caudal falciforme (en forma de fouciño).
O labio superior está fendido no medio e presenta un bigote de longas sedas.
Poden permanecer baixo a auga durante vinte minutos, pastando plantas acuáticas, antes de emerxer á superficie para respiraren.
Viven en augas pouco profundas, o que os defende dos depredadores (como os tiburóns) que non se aventuran nestas augas. O seu único perigo represéntao o home, que antigamente cazaban estes animais pola súa carne, e tamén para aproveitar a graxa e a pel. Hoxe en día tamén están ameazados pola contaminación} do seu hábitat e polas feridas inflixidas polas hélices dos barcos.
Xusto debaixo da pel os manatís, como topdos os sirenios (e os cetáceos e pinnípedes), teñen unha grosa capa subcutánea de tecido adiposovascularizado que lles serve como illante. En efecto, a auga conduce a calor 25 veces mellor que o aire á mesma temperatura.[3] e, sobre todo, ten unha capacidade calorífica moito máis alta, o que favorece o arrefriamento dos animais de sangue quente.
O nome da familia, Trichechidae, está formado, como é habitual, sobre a base do nome de xénero tipo, Trichechus, á que se lle engade a desinencia do larín científico´-idae, propia dos nomes das familias de animais.
O nome do xénero, Trichechus, é un composto formado polos elementos do latín científicotrich-, tirado do grego antigo τριχός trichós, xenititivo de θρίξ thríx, "pelo",[5] e -echus, derivado do verbo grego έχω échō, "ter", facendo referencia aos pelos (sedas) que estes animnais teñen no labio superior.[6]
O nome vulgar manatí, é unha palabra de orixe taíno ou arauaco[7] que significa "peito", en referencia ás mamas que teñen as femias destes animais a carón das axilas, e que pasou aos idiomas europeos a través de castelán.[8]
Sinónimos
Ademais de polo nome válido, que é o ue orixinariamente lle adxudicou Gill, o grupo coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[4]
Manatida Haeckel, 1866
Manatidae Gray, 1821
Manatina Bonaparte, 1837
ManatoideaGill, 1872
Trichechoidea Giebel, 1847
Trichecida Haeckel, 1866
Nota: como pode verse, non todos os autores lle outorgaban ao grupo o rango de familia.
Hai unha posíbel cuarta especie que habitaría no río Aripuaná, un afluente do Amazonas, no Brasil, un manatí anano dunha lonxitude de aproximadamente 1,3 m,[9] pero non foi definida de maneira válida e a opinión científica dominante é que estes animais non son máis que exemplares xuvenís do manatí amazónico.[10]
↑Ríos Panisse, Mª C. (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas. Verba. Anexo nº 19. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-281-0, pp. 10-13.
↑ 4,04,14,2Trichechidae en D. Wilson & D, Reeder, eds. (2005): MSW|Mammal species of the world: A taxonomic and geographic reference]], Vol. 2, Ed 3. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
↑Cómpre recordar que, na formación de termos compostos no latín científico, se o primiero elemento é un substantivo, faise do xenitivo.
↑trichecho, en: Nicola Zingarelli et al. (1996): Vocabolario della lingua italiana. 12ª ed. Bologna: Zanichelli. ISBN 88-08-16610-4.
Berta, A.; J. Sumich & K. Kovacs (2005): Marine Mammals: Evolutionary Biology. Burlington, MA, USA: Academic Press.
Feldhamer, G.; L. Drickamer, S. Vessey, J. Merritt & C. Krajewski (2007): Mammalogy: Adaptation, Diversity, Ecology. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.
Jefferson, T.; S. Leatherwood & M. Webber (1993): Marine mammals of the World. Roma: United Nations Environment Programme.
Jefferson, T.; M. Webber & R. Pitman (2008): Marine Mammals of the World: A Comprehensive Guide to their Identification. Londres: Academic Press.
Nowak, R. (2003): Walker’s Marine Mammals of the World. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press.
Reeves, R.; B. Stewart, P. Clapham & J. Powell (2002): Sea Mammals of the World. Londres: A & C Black.
Reynolds, J. & D. Odell (1991): Manatees and Dugongs. Nova York, NY: Facts on File Inc.
Ridgway, S. & R. Harrison (1985): Handbook of Marine Mammals: Volume 3: The Sirenians and Baleen whales. Londres: Academic Press.