O Malmö Fotbollförening é un equipo de fútbolsueco da cidade de Malmö. Foi fundado en 1910 e xoga na primeira categoría do país, a Allsvenskan.
O Malmö FF, xunto co IFK Göteborg e o AIK son normalmente considerados como os tres grandes clubs de fútbol suecos, sumando 42 títulos de campionato en total. O Mälmo FF gañou 15 títulos do campionato nacional, así como 14 títulos de copa. Ademais, é o único equipo sueco que xogou unha final na Liga de Campións.
Historia
O club fundouse o 24 de febreiro de 1910. En 1931 debutou na máxima categoría da liga sueca, a Allsvenskan. Con todo, en 1933 foi degradado pola Asociación Sueca de Fútbol, cando o rival do Malmö FF, o IFK Malmö, denunciou ao club por pagar aos seus xogadores, práctica por entón prohibida ao tratarse dunha competición non profesional. En 1936 regresou á Allsvenskan.
En 1944 logrou os seus primeiros títulos, ao conquistar o dobrete, liga e copa. O club encadeou unha década de éxitos, na que gañou cinco ligas e cinco copas.
O seu maior éxito europeo chegou na tempada 1978/79, cando conseguiu alcanzar, sorpresivamente, a final da Copa de Europa, onde caeu derrotado ante o Nottingham Forest F.C. cun resultado de 0-1, coa metade do equipo titular lesionado, marcando con Trevor Francis. Na seguinte tempada disputou a Copa Intercontinental de Fútbol, debido á renuncia do club inglés como campión de Europa, ante o Club Olimpia de Paraguai, adxudicándose dito certame o conxunto suramericano.
En 1999, tras 63 tempadas consecutivas na Allsvenskan, o Malmö FF baixou a segunda de división, sendo este o primeiro descenso da súa historia por motivos deportivos. Un ano despois, o club conseguiu recuperar a categoría.
Tras quince anos sen títulos, en 2004 proclamouse novamente campión de Allsvenskan, a 18ª liga da súa historia.