A malaquita (do latín malachites, en referencia a súa cor) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu2CO3(OH)2 e que contén un 57% de cobre.
Aspecto
A malaquita presenta unha cor verdosa alternando as cores verde claro e escuro, asemellándose en moitas ocasións ós aneis das árbores.
Lugares onde se atopa
A malaquita é un mineral típico das zonas de oxidación. Aparece con frecuencia en asociación coa azurita e coa limonita.
Usos da malaquita
Noutrora era usada como colorante, pero hoxe en día está máis ben destinada a ser utilizada como pedra semipreciosa.
Propiedades
É efervescente ó ácido clorhídrico diluído
Outros carbonatos
A calcita e a aragonita son outros carbonatos a ter en conta.