Makea Nui Ariki

Palacio e pavillón de verán dos Makea Nui.

Makea Nui Ariki é unha das tres dinastías de ariki da tribo (Vaka) de Teauotonga en Rarotonga (Illas Cook), xunto coa dos Makea Karika Ariki e a dos Makea Vakatini Ariki. Tradicionalmente foi a que máis influencia política tiña das tres.[1]

Historia

Segundo a literatura oral o fundador foi Karika, orixinario de Manu'a (actualmente na Samoa Americana), quen chegou a Rarotonga a mediados do século XIII, contemporáneo de Tangiia Nui, fundador da tribo de Takitumu e co que se aliou, ofrecéndolle como esposa a súa filla, Mokoroa ki Aitu. A mediados do século XVIII, Makea Te Patua Kino confire a tres fillos seus un título de ariki, que son a orixe das tres xefaturas actuais da tribo. Desde 1994 o título está en disputa por varias pólas da familia Makea. A sede da dinastía é o Para o Tane, comunmente denominado Palacio Makea, situado no centro de Avarua, preto do antigo koutu de Taputapuatea.

Arikis

De Karika a Makea Te Patua Kino (c.1250-c.1750)

O nome dos arikis entre o século XIII e mediados do século XVIII débense á tradición oral. Recolléronse varias xenealoxías, non sempre coincidentes. A de Henry H. Nicholas, que realizou a comezo da década de 1890, foi recollida do ariki Makea Takau e publicouse no Journal of the Polynesian Society co título de Ko te papa ariki teia mei Avaiki mai, mei roto ia papa. A versión de Stephen Savage, baseada en Tamuera Te Rei, difire notablemente da anterior, mentres que a de Edward Robert Tregear, publicada na obra Maori-Polynesian Comparative Dictionary (1891), se aproxima máis á primeira, aínda que non achega datos do informante.

Versión de Makea Takau Versión de Tamuera Te Rei Versión publicada por Edward Tregear
  • 1 Karika
  • 2 Makea-putaki-te-tai
  • 3 Te Ariki-aka-mataku
  • 4 Te Atua-rereao
  • 5 Te Ariki-i-te-au
  • 6 Te Ariki-noo-marie
  • 7 Tama-puretu
  • 8 Makea-peau-rongo
  • 9 Makea-te-konako
  • 10 Makea-te-taiti
  • 11 Makea-te-ra-tu
  • 12 Te Ariki-ape-tini et Rongo-oe
  • 13 Makea-teina
  • 14 Makea-tauira-ariki
  • 15 Makea-tuke-rae
  • 16 Makea-ta-ruia,
  • 17 Makea-te-rangi-tu-ki-vao[2]
  • 18 Rangi-makea
  • 1 Karika-tara-apeape-Moa = Ina-a-Rongo
  • 2 Puta-ki-te-tai = Te Ii-matoa
  • 3 Te Ariki-i-te-au
  • 4 Te Ariki-akamataku = Piri-marae
  • 5 Te Ariki-akamaru = Te Kura-moe-ariki
  • 6 Te Atua-rere-vao (Te Rangi-tu-ki-vao) = Te Vaa-rangi-nui
  • 7 Taritari-ua = Mata-noanoa
  • 8 Tumupu = Ngamau
  • 9 Tinorei = Ngamata
  • 10 Potiki = Te Uira-ma-te-aa
  • 11 Maungungu = TeVaa-nui
  • 12 Taiki = Tapaeru-nui
  • 13 Taru-ia-te-ra = Te Uru-moe-ariki
  • 14 Te-Ta-Itinui = Te Kura-anuanua
  • 15 Te Inaina = Taranga-nuku
  • 16 Te Tauira-ariki = Mata-etu
  • 17 Te Ariki-apeapetini = Te Ra-vero-tiitii
  • 18 Te Ratu-o-Tangaroa-ki-Manuka = Ngapu-ariki
  • 19 Ekeeke
  • 20 Tukerae = Ngamau-o-rongo-ma-tane[3]
  • 21 Tamapuretu-Aramai-te-anuanua = Te Ra-tuanuku-a-Kainuku
  • 22 Te Anuanua (Peaurongo) = Te Upoko-uri-o-Atea-e-Papa
  • 23 Te Konako = Etu-o-te-rangi-poiri
  • 24 Rangi-Makeakea=Te Kura-poru
  • 1 Makea Karika = Ina-nui-i-te-Rangi
  • 2 Makea Putakitetai
  • 3 Makea-i-te-au
  • 4 Makea-noo-marie
  • 5 Makea-puretu
  • 6 Makea-peau-rango
  • 7 Makea-teko-nako
  • 8 Makea-te-taiti
  • 9 Makea-te-na-tu
  • 10 Makea Rongo-oe
  • 11 Makea-teina
  • 12 Makea-tumu-pu
  • 13 Makea-tinorei
  • 14 Makea-tari-ua
  • 15 Makea Potiki
  • 16 Makea-mangungu
  • 17 Makea-taii
  • 18 Makea-tukerae
  • 19 Makea-te-rangi-tu-ki-vao
  • 20 Rangi Makea

De Makea te Patua Kino en diante

Pretendentes ao título (1994-2010)

Logo da morte de Makea Nui Tapumanoanoa Teremoana Ariki, apareceron numerosos pretendentes ao título pero ningún accedeu legalmente a el a pesar de numerosas tentativas de reconciliación e procesos xudiciais.

  • Inanui Love Nia, filla de Makea Nui Takau Margaret Ariki e Edward Te Whiti Rongomai Love, morta en outubro de 1996. O Tribunal Supremo das Illas Cook negoulle ao acceso ao título por non consultar ao Potikitaua, o voceiro (va'a tuatua) da xefatura, a pesar de que el mesmo se autotitulara con ese título[6]
  • Mere Maraea MacQuarrie, a filla máis nova de Makea Nui Teremoana Ariki, foi investida co título e participa nas xuntanzas da Cámara dos Ariki sen xurar o posto.
  • Nooroa Matua, da liña Sadaraka, afirmou ser investido no Palacio Makea o 14 de agosto de 1998 logo de ser elixido pola súa tribo[7]. Morreu en abril de 2009
  • Yolande Browne, afirma descender de Putua Ariki, fillo de Rangi Makeakea.[8]. O seu pai, William Parau Browne, reivindicara o título en 1939 diante o Tribunal Supremo logo da morte de Makea Nui Tinirau.
  • Matapo Oti Oti, orixinario de Mauke mais vivindo en Tahití desde a década de 1970[9].
  • Upokotoko'a, que descende do ariki Makea Abela.
  • Stanley (Tutavake) Adam Hunt (Taka'ia Ta'unga) recibiu o 16 de maio de 2009 unha investidura no marae de Oroenga sen recoñecemento polo goberno[10]

Galería

Notas

  1. Ronald Gordon Crocombe. Land Tenure in the Cook Islands, p. 21
  2. É o fillo máis novo de Rangi-Makea na versión de Tamuera te Rei
  3. Tukarae é o fillo de Tumupu (irmán de Ekeeke)
  4. Report of the Australasian Association of the Advancement of Science, volume 2, 1890.p 628.[1]
  5. Maretu, "Cannibals and Converts", p.97. Marjorie Crocombe afirma nunha nota, "Makea Te Vaerua was a classificatory mother of Makea Takau"
  6. "Changes to succession to Makea Nui tribal title?" Cook Islands Herald, 15 de abril de 2009)
  7. Matua v Manarangi (1998) CKHC 1; APPLICATION 306.1998 (14 August 1998)
  8. "Makea contender wanting to rewrite history?" (Cook Islands Time n°272 du 13 octobre 2008)
  9. "Tahiti clamant seeks title (Cook Islands News du 20 janvier 2009)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  10. ""Another makes claim for Makea Nui title" (Cook Islands News du 16 mai 2009)". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 24 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

Ligazóns externas