Makea Karika Ariki

A dinastía dos Makea Karika Ariki é xunto cos Makea Nui Ariki e os Makea Vakatini Ariki, unha das tres liñas dos ariki da tribo (vaka) de Teauotonga en Rarotonga (Illas Cook).

Historia

A dinastía fundouse a mediados do século XVIII logo que Makea Te Patua Kino decidira conferir un título de ariki os fillos maiores das súas tres donas, o maior Makea Pini recibiu o título de Makea Nui Ariki, o segundo Makea Keu o de Makea Karika e o máis novo Makea Vakatini I o de Makea Vakatini Ariki.

Arikis

Makea Karika Tavake (agachado no centro) con outros membros da tribo
Makea Karika Takau Tuaraupoko Mokoroa ki Aitu (1ª fila, 4ª empezando pola dereita) no Consello Insular de Rarotonga (1923-1925)