Maila Elizabeth Syrjäniemi, nada en Gloucester, Massachusetts o 11 de decembro de 1922 e finada nos Ánxeles o 10 de xaneiro de 2008,[1] foi unha actriz estadounidense coñecida como Maila Nurmi, creadora na década de 1950 da personaxe Vampira.
Traxectoria
Primeiros anos
Maila Nurmi era filla de (anteriormente Syrjäniemi), un inmigrante finés, e de Sophia Peterson, estadounidense de ascendencia finesa. Anteriormente houbo dúbidas sobre o seu lugar de nacemento: segundo o seu biógrafo W. Scott Poole en Vampira: Dark Goddess of Horror (2014), naceu en Gloucester, Massachusetts. Durante a súa carreira, ela afirmou que nacera en Petsamo, Finlandia, indicando que era sobriña do atleta Paavo Nurmi, que comezou a establecer récords mundiais en 1921, un ano antes do seu nacemento. Os rexistros de inmigración estadounidense mostran que o seu pai entrou en Ellis Island en 1910. Ademais, Dana Gould informou nunha entrevista en 2014 que vira o certificado de nacemento de Nurmi, que indicaba como o seu lugar de nacemento Gloucester.[6] No seu diario persoal, Nurmi admitiu que a historia de Petsamo era ficticia.[7]
Chegou á cidade dos Ánxeles aos dezasete anos e posteriormente marchou a Nova York. Traballou como modelo para Alberto Vargas, Bernard of Hollywood e Man Ray, o que a lanzou á industria do cinema cun pequeno papel no filme If Winter Comes (1947), de Victor Saville. Posou tamén para fotografías pin-up en revistas de homes como Famous Models, Gala e Glamorous Models. Cóntase ademais que foi despedida por Mae West da obra de Broadway de 1944a Catherine Was Great porque West pensou que podía eclipsala.[10]
Orixe de Vampira
A idea para a personaxe de Vampira naceu en 1953, cando Nurmi acompañou o coreógrafo Lester Horton no baile anual Caribe Masquerade vestida coma unha das personaxes dos cadriños de Charles Addams no xornal The New Yorker. A súa aparición cun vestido negro cinxido e coa súa pel branca e pálida atraeu a atención do produtor televisivo Hunt Stromberg Jr., que a contratou como presentadora de filmes de terror para unha canle de televisión dos Ánxeles, KABC-TV. Tras varias dificultades para contactar con ela, conseguiu o seu número de teléfono a través de Rudi Gernreich. O nome "Vampira" foi unha idea de Dean Riesner, marido de Nurmi.
O 30 de abril de 1954, a KABC-TV anunciou a presentación do programa Dig Me Later, Vampira ás once da noite. The Vampira Show[11] estreouse o 1 de maio de 1954 e durante as primeiras catro semanas o programa emitiuse á media noite, para pasar ás once a partir do 29 de maio. Dez meses despois, desde o 5 de marzo de 1955, o programa pasou a transmitirse ás dez e media. No seu papel de Vampira, Nurmi presentaba os filmes mentres percorría unha sala chea de néboa e arañeiras. Moitas veces incluía no guión bromas e xiros macabros, ofrecía epitafios en lugar de autógrafos aos seus admiradores e falaba coa súa mascota, unha araña chamada Rollo. Cando o programa se cancelou en 1955,[12] Maila Nurmi conservou os dereitos da súa personaxe Vampira e pasou a presentar un programa doutra canle, a KHJ-TV. Consérvanse varios programas e un anuncio en coleccións privadas.
Nurmi fixo historia na televisión como a primeira presentadora de filmes de terror. En 1957, Screen Gems emitiu un ciclo de 52 filmes baixo o título Shock Theather. A partir de entón, as cadeas televisivas das grandes cidades estadounidense comezaron a emitir este tipo de filmes, engadindo os seus propios presentadores con estética macabra.
Foi candidata aos premios Emmy na categoría de Mellor Personaxe Feminina en 1954 e participou en filmes como Too Much, Too Soon, The Big Operator e The Beat Generation. A súa aparición máis coñecida no cinema foi no filme de Ed Wood Plan 9 from Outer Space (1956),[13] como unha vampiresa que era resucitada por uns extraterrestres. En 1960 apareceu en I Passed for White e Sex Kittens Go to College, aos que seguiu The Magic Sword (1962).
Vida persoal
En 1949 casou con Dean Riesner, antigo actor infantil en filmes mudos e posteriormente guionista de Harry o sucio, Charley Varrick, Play Misty for Me e outros filmes e capítulos de series de televisión. O 10 de marzo de 1958 casou con John Brinkley, actor máis novo ca ela,[14] e o 20 de xuño de 1961 casou co actor Fabrizio Mioni no Condado de Orange, California.[15]
O 20 de xuño de 1955 un home intentou asasinala no seu apartamento, onde a mantivo secuestrada durante catro horas. Finalmente conseguiu escapar e chamar a policía coa axuda dun tendeiro local.[16]
Nurmi faleceu por causas naturais no seu fogar de Hollywood o 10 de xaneiro de 2008, aos 85 anos.[12][17]
Na cultura popular
"Vampira" foi interpretada por Lisa Marie no filme Ed Wood, dirixido por Tim Burton.
O exame dos diarios de Nurmi en 2014 polo cineasta e xornalista R. H. Greene verifixou os rumores de que en 1956 ela foi a modelo para Maleficent, a bruxa malvada da versión de Disney da "Bela dormente". Un arquiveiro de Disney confifmou posteriormente os achados.[18]
Notas
- ↑ Maila Elizabeth Nurmimioni [sic], Social Security Death Index
- ↑ Live from San Francisco 2014. Risk Podcast. Entrevista con Dana Gould. Escena en from 30:16. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2017.
- ↑ Frilander, Aino (28 de febreiro de 2021). "Vampira". Helsingin Sanomat (en finés). pp. C 1–3.
- ↑ Scheib, Ronnie (15 de novembro de 2012). "Vampira and Me". Variety. Consultado o 18 de marzo de 2017.
- ↑ Anderson, Kristin (October 29, 2015). "Vampira: An Appreciation of the Undersung Proto-Goth Goddess". Vogue. Consultado o 22 de decembro de 2016.
- ↑ 12,0 12,1 Stewart, Jocelyn Y. (16 de xaneiro de 2008). "As Vampira, Actress Hosted Fright Films". Chicago Tribune (Chicago, IL). p. 2-10. Consultado o 2 de decembro de 2022 – vía Newspapers.com.
- ↑ Stewart, Jocelyn Y. (16 de xaneiro de 2008). "Actress, TV horror film hostess Vampira". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015.
- ↑ "Maila Nurmi - The Private Life and Times of Maila Nurmi. Maila Nurmi Pictures". Glamour Girls Of The Silver Screen. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2012.
- ↑ Ancestry.com, California Marriage Index, 1960–1985 [database on-line], Provo, Utah, U.S.: The Generations Network, Inc., 2007.
- ↑ Skal, D. J. (1993). The Monster Show: A Cultural History of Horror. p. 245. Penguin Books.
- ↑ "Maila 'Vampira' Nurmi dies". Variety. 14 de xaneiro de 2008. Consultado o 15 de setembro de 2009.
- ↑ Green, R.H. (15 de febreiro de 2014). "The real Maleficent: The surprising human face behind the "Sleeping Beauty" villain". Salon. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Outros artigos