A música chutney ten como elementos base a música soca e as bandas sonoras de películas hindi. As letras son escritas en hindi ou inglés e transpostas para ritmos musicais típicos de música soca e de músicas de películas hindi. Entre os nomes dos artistas máis comúns atópanse Anand Yankaran, Rikki Jai, Adesh Samaroo e Terry Gajraj. Algúns exemplos de música chutney poden ser encontrados nas seguintes músicas: Poulaurie Beena Chutney, Dhal Belly Indian e Rum Till I Die. O xénero ou estilo de música chutney está popularizado e pode ser encontrado na comunidade indiana das illas Trinidad e Tobago, Güiana, Suriname, e por entre a comunidade indiana de Toronto no Canadá, e a comunidade de Nova York nos Estados Unidos de América.
As músicas chutney teñen características uptempo. Na lista dos instrumentos popularmente utilizados inclúense o dholak, o harmonium e o dhantal. As orixes deste xénero de música baséanse na natureza relixiosa, no entanto hoxe en día estas influencias son raramente encontradas fora do movemento Sai Baba. A pesar do chutney ter sido predominantemente executado por músicos do xénero feminino no inicio, hoxe en día é executado tanto por homes como por mulleres.
Véxase tamén
Ligazóns externas