O músculo recto lateral da cabeza é un músculo curto e plano que se orixina na superficie superior da apófise transversa do atlas. O seu punto de inserción é na superficie, sobre a apófise xugular do óso occipital. A súa función é a de flexionar o colo.
É innervado por unha rama dos nervios da primeira e segunda cervicais, nervio que leva o mesmo nome.
Imaxes
-
Posición do recto lateral da cabeza (en vermello). Animación.
-
Ampliación.
-
Igual que na anterior imaxe, mais eliminouse o cranio (agás o óso occipital).
-
Vista lateral. Imaxee fixa.
-
O óso occipital. Superficie exterior.
-
Base do cranio. Superficie inferior.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).
Ligazóns externas