Luís Pousa

Modelo:BiografíaLuís Pousa
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, matemático, docente Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: 1411742951 BNE: XX4775072 BUSC: pousa-luis-1971 Dialnet: 4965658 Tebeosfera: pousa_rodriguez_luis Editar o valor en Wikidata

Luís Pousa Rodríguez, coñecido como Luís Pousa, nado en Lugo en 1971, é un matemático, profesor e xornalista galego.[1]

Traxectoria

Residente desde meniño na Coruña, licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago, ampliou estudos na University College Dublin e na Universidade de Barcelona, a súa tese de doutoramento é El paraíso de Cantor. Una aproximación matemática y filosófica al infinito (USC, 2019)[2]. Foi profesor de Estatística no grao de ADE e de Fundamentos Matemáticos no grao de Arquitectura no Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (2019-2023).

Pertence á Real Sociedade Matemática Española e ten colaborado en medios como Jot Down, Radio Galega e as revistas Excellence e Ronda, do grupo IAG-Iberia. Tamén escribe no suplemento Papel Literario, do diario venezolano El Nacional.[3]

É xornalista desde 1996, primeiro en El Ideal Gallego e desde o 2000 ata xullo do 2023 en La Voz de Galicia,[4] no que foi xefe de sección de Cultura e Televisión (2010-2013) e Opinión.[1]

Obra

Poesía

Narrativa

Libros colectivos

  • El libro del voyeur (2010). Ediciones del Viento. Debuxos de Pablo Gallo e textos de 69 escritores.
  • España negra (2013). Rey Lear. Escolma policíaco con contos de 27 autores.
  • Escrito en el agua (2015). Reino de Cordelia
  • El libro de las invocaciones (2016). Reino de Cordelia.

Premios

Notas

  1. 1,0 1,1 "Pousa Rodríguez, Luis". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2023-07-23. 
  2. Pousa Rodríguez, Luís (2019). "El paraíso de Cantor. Una aproximación matemática y filosófica al infinito". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2023. Consultado o 23 de xullo de 2023. 
  3. "Luis Pousa Rodríguez - Grados Oficiales Universitarios - CESUGA". cesuga.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2023. Consultado o 2023-07-23. 
  4. "Artículos de Luís Pousa Rodríguez. La Voz de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-23. 
  5. García, Rodri (2015-10-01). "Luís Pousa retrata el alma de las calles y barrios de la ciudad en «Atlantic City»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-23. 
  6. "Letralia 233 Sala de ensayo La noche de las palabras Javier Farto Graña". letralia.com. Consultado o 2023-07-23. 
  7. Alejandro Espiño (22 de xuño de 2015). "Ignacio Camacho e Luis Pousa, premios Julio Camba e Fernández del Riego de xornalismo". Pontevedra Viva. 
  8. "LUIS POUSA gana el Premio Internacional Afundación de Periodismo JULIO CAMBA. AfundaciónTV - Afundación". www.afundacion.org (en castelán). Consultado o 2023-07-23.