En 1543 publicou o seu "Tratado en que a la clara se ponen y determinan las materias de los préstamos que se usan entre los que tractan y negocian". Tres anos máis tarde afondou na materia publicando unha expansión e enmenda da súa obra baixo o título "Tractado de los prestamos que passan entre mercaderes y tractantes y por consiguiente de los logros cambios compras adelantadas y ventas al fiado", a cal foi impresa en Toledo en 1546.
En liña cos seus contemporáneos da Escola de Salamanca, Alcalá realizou, antes mesmo que Martín de Azpilcueta ou Tomás de Mercado, reflexións sobre a licitude moral dos préstamos con interese, os prezos, o valor do diñeiro e o desenvolvemento económico.
Frei Luis de Alcalá contribuiu á lexicografía económica española ao dotala con definicións e explicacións dos principais termos económicos do momento.