Luis Tristán

Modelo:BiografíaLuis Tristán
Nome orixinalLuis Tristán de Escamilla
Biografía
Nacemento1586 Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 1624 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesTristán
Actividade
Lugar de traballo Toledo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresEl Greco Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1274923

Luis Tristán de Escamilla, nado en 1585 e finado en 1624, foi un pintor español, o principal dos discípulos de El Greco. É coñecido habitualmente como Luis Tristán e, incluso, ás veces como simplemente Tristán.

Traxectoria

Tristán naceu na mesma cidade de Toledo no ano 1585. Formou parte do taller de El Greco entre 1603 e 1606. Nos anos seguintes viaxou a Italia, onde estivo até 1613, independizándose posteriormente. O seu primeiro contrato coñecido é do ano 1613. Poucos anos despois faleceu o 7 de decembro de 1624.

A Visión de San Francisco de Asís cadro do museo do Louvre.

Estilo

Cóidase que Tristán realizou copias de cadros de El Greco, que figuran asinados polo mestre, pero o seu estilo, a pesar de ser considerado como o discípulo máis importante, é diferente, pois mostra tipos máis realista, con uso de técnicas claroscuras que aproximan a obra de Luis Tristán á doutros pintores de comezos do século XVII, influenciados polo tenebrismo.

Obra (selección)

  • Santa Cea (1613), Cuerva.
  • Retablo da igrexa de Yepes (1616), Toledo, do que fican fragmentos no Museo do Prado.
  • San Domingos penitente, Casa Museo de El Greco, Toledo.
  • Cristo na cruz, Casa Museo de El Greco, Toledo.
  • Trindade (1624), Capela dos Cálices, Catedral de Sevilla.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alfonso E. Pérez-Sánchez; Navarrete Prieto, Benito, Luis Tristán: 1585-1624. Ediciones del Umbral. 2001