Lucien Roisin Besnard (L. Roisin), nado en París en 1884 e finado en Barcelona en 1943,[1] foi un fotógrafo e editor francés da primeira metade do século XX, establecido en Barcelona e coñecido pola gran cantidade de postais que fixo de moitos lugares da xeografía española, entre eles Galicia.[2]
Dedicouse, como editor, principalmente ao negocio das postais pois utilizou en moitos casos imaxes tomadas por outros fotógrafos. Tivo unha tenda na Rambla de Santa Mònica de Barcelona, La Casa de la Postal, onde a súa familia continuou o negocio ata 1962. O seu arquivo consta de 77.200 imaxes (33.100 negativos + 44.100 positivos -postais-).