Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Lousada.
San Martiño de Lousada é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 28 eran homes e 31 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
A igrexa parroquial de San Martiño de Lousada é de estilo románico cunha soa nave rectangular, realizada en cachotaría, cuberta de lousa a dúas augas sobre madeira. A ábsida situada a menor altura presenta unha parte recta e outra semicircular. No interior conserva imaxes de San Román, San Xoán, e da Virxe.
A Casa Pederlada é unha casa labrega con anexos para o gando e almacén de produtos agrícolas e aparellos de labranza. Construída en cachotaría de lousa, ten corredor que da acceso a vivenda e ao patio. No interior atopamos unha exposición de minerais da zona.
Lugares e parroquias
Lugares de Lousada
Parroquias de Samos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos