Cando no 869 morre Lotario II, os seus territorios, é dicir a parte máis setentrional da Lotarinxia orixinaria , foron repartidos entre os seus tíos, Lois e Carlos, polo que se redefiniron as fronteiras acordadas en 843, por medio dun novo acordo: o tratado de Meerssen de 870.
A partir de Henrique I o título real ficou asociado ao emperador do Sacro Imperio, entanto a administración do territorio foi asignada aos duques da Alta e Baixa Lorena.
A Lotarinxia na Idade Moderna
Xa no século XVI, durante o reinado do emperador Carlos V volveron a axuntarse moitas daquelas terras baixo unha soa coroa que, ao abdicar Carlos e retirarse para o Mosteiro de Yuste, foron desgregadas do Imperio Xermánico, ao deixarllas en herdo ao seu fillo Filipe II, rei de España, que gobernaba a única potencia do momento capaz de mantelas unidas. Novamente quedou demostrada a artificiosidade de tal unión.