O London Overground (tamén coñecido simplemente como o Overground) é unha rede de ferrocarril suburbano do Reino Unido. Foi creada en 2007, e serve no Gran Londres e parte de Hertfordshire, con 112 estacións espalladas por diversas rutas.[1] Forma parte da rede de National Rail, aínda que baixo o control e imaxe de marca de Transport for London (TfL). A franquía que o opera, London Overground Rail Operations (LOROL), é unha joint venture entre Arriva UK Trains e MTR Corporation .[2]
TfL tenlle asignado ao Overground a cor corporativa laranxa coa súa respectiva versión do "TfL roundel" para a representación das súas liñas no mapa do metro, en interiores dos trens e outras localizacións.[3]
Historia
Lanzamento
O 11 de novembro de 2007, TfL colleu o relevo da franquía para as rutas do Ferrocarril do Norte de Londres, anteriormente operado por Silverlink Metro[5].
A cerimonia de estrea oficial foi o 12 de novembro de 2007 na estación de Hampstead Heath polo Alcalde de Londres, Ken Livingstone, recibido polos medios de comunicación na praia de vías de Willesden Junction.